Maria João Cantinho

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMaria João Cantinho

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1963 Editar o valor em Wikidata (60/61 anos)
Lisboa, Portugal Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePortugal Editar o valor em Wikidata
EducaciónFacultade de Ciencias Sociais e Humanas da Universidade Nova de Lisboa - Mestrado (1993–1997)
Facultade de Ciencias Sociais e Humanas da Universidade Nova de Lisboa (1986–1991) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoetisa , ensaísta Editar o valor em Wikidata
EmpregadorInstituto de Artes Visuais, Design e Marketing (pt) Traducir (2011–2015) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata

Maria João de Oliveira Sequeira Cantinho, nada en Lisboa en 1963, é unha autora portuguesa. É poeta, crítica literaria e ensaísta.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Viviu a súa infancia en Angola e regresou a Lisboa en 1975, licenciouse en Filosofía na Universidade Nova. Defendeu a súa tese de doutoramento en Filosofía Contemporánea na Universidade Nova de Lisboa.[1] É investigadora do Centro de Filosofía da Facultade de Letras da Universidade de Lisboa e colaboradora do Collège d'Études Juives da Universidade da Sorbona. É profesora de secundaria e foi profesora no IADE (Creative University of Lisbon) entre 2011 e 2016. É colaboradora na Revista Colóquio-Letras,[2] colaborou coa Revista Relâmpago, Mea Libra, Golpe d'Asa, PensamentoDiverso, Philosophica,Revista de História das Ideias (Universidade de Coimbra ) e en varias revistas literarias e académicas e membro do Consello de Redacción do Caderno do Grupo de Estudos Walter Benjamin GEWEBE.[3]

Foi Profesora Visitante en Brasil en 2013 (Brasilia, Goiânia e Río de Xaneiro), tendo presentado varios congresos internacionais (Brasil, Francia, Inglaterra, Alemaña, India, España etc.), ademais de ter publicado varios ensaios en libros colectivos e revistas de literatura e filosofía internacionais. Tamén organizou varios congresos dedicados ao pensamento de María Zambrano (2006), Walter Benjamin (2008), Levinas (2009), Paul Celan (2012).

Recibiu o Premio de Apoio á Edición de Ensaio 2002 da Dirección Xeral do Libro e das Bibliotecas, dependente do Ministerio de Cultura portugués, polo seu traballo fin de mestrado: O Anjo Melancólico: Ensaio sobre o Conceito de Alegoria na obra de Walter Benjamin. Foi membro da Xunta Directiva do PEN Club Portugués,[4] membro da APE (Asociación Portuguesa de Escritores) dende 2014 e da APCL (Asociación Portuguesa de Críticos Literarios).

Desde 2011 é membro de xurados literarios, sobre todo os Premios de Poesía, Ficción e Ensaio do Pen Club Portugués, o Premio Jacinto Prado Coelho da APCL, o Premio de Biografía, APE e o Grande Premio de Narrativa da APE. Tamén foi membro do xurado do Premio Oceanos en 2017, 2018 e 2019.

Ademais de colaborar con revistas internacionais de literatura e filosofía (Brasil, Francia, Italia, España), coordinou antoloxías de poesía para revistas como Lichtungen (Austria) e Blanco Móvil (México). Foi directora da Revista Café com Letras e actualmente é editora da Revista Caliban.[5] Foi galardoada co Premio Literario Glória de Sant'Anna (2017) e proposta como finalista ao Premio Telecom en 2006, pola súa obra Caligafia da Solidão (Editora Teclas, 2005). Foi proposta como finalista do Premio PEN na Modalidade de Poesía, pola súa obra Do Ínfimo (Editora Suass de Ler, 2016), en 2017. Está representado en varias antoloxías (España, México, Brasil, Francia). É desde o principio directora da Revista Caliban.

É a comisaria da Colecção Trás-os-Mares,[6] que edita autores portugueses no Brasil, a través de Editora Circuito, co escritor e editor Renato Rezende. Tamén é comisaria da Colección MU - Continente Perdido, da Editora Exclamação.

Representou a Portugal en varios Festivais de Poesía e Literatura, como Lodève (Voix Vives du Mediterranée, 2005), Bienal Internacional do Libro de Pernambuco, 2009), Sète (Voix Vives du Mediterranée, 2011), Sidi Bou-Said ( Voix Vives du Mediterranée, 2014),[7] Festival International de Poésie de Marrakech, 2015, Festival de Poesía de Sète (Voix Vives du Mediterranée) en 2017, Festival de Poésie de Génova (Voix Vives du Mediterranée) en 2018. Estivo representada no Festival de Poesía de Romanía (Braila e Tulcea) en 2019. Foi convidada na Universidade de Poitiers, por invitación do Instituto Camões, na Universidade de Hamburgo, tamén por invitación do Instituto Camões.[8]

Relación con Galicia[editar | editar a fonte]

En 2015 recoñecidos especialistas do eido cultural de ambos os territorios, as poetas Yolanda Castaño, Eva Veiga, Alba Cid e Maria João Cantinho, xunto cos músicos Xoán Curiel e Sérgio Tannus, participan na iniciativa ‘Portugal-Galicia: Escenarios para un encontro’.[9]

Obras[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • O Anjo Melancólico: Conceito de Alegoria na Obra de Walter Benjamin (2002). Lisboa: Angelus Novus.
  • Reflexões Em torno de Maria Zambrano (2007). Lisboa, Câmara de Lisboa. (Co-editado por Maria João Cantinho, Maria João Cabrita e Isabel Lousada).
  • Cantinho, Maria João, Walter Benjamin: Melancolia e Revoluçã (2019). Porto: Editora Exclamação. (galardoado co Prémio PEN Ensaio 2020).
  • Cantinho, Maria João, A Dança da Metamorfose (2021). Porto: Editora Húmus.
  • Cantinho, Maria João, Walter Benjamin: Messianismo e Revolução (2021). Circuito editora.

Edicións[editar | editar a fonte]

  • Reconhecimento e Hospitalidade (2011). Lisboa: Edições 70. (co-editado por Maria João Cantinho, Maria Lucília Marcos, Paulo Barcelos).
  • Paul Celan: Da Ética do Silêncio à Poética do Encontro (2015). Lisboa: Edições Centro de Filosofia. (co-editado por Cristina Beckert, Maria João Cantinho, Carlos João Correia e Ricardo Gil Soeiro).
  • Sousa Dias, Pré-Apocalypse Now: Diálogo com Maria João Cantinho sobre Política, Estética e Filosofia (2016). Lisboa: Editora Documenta.

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Abrirás a Noite com um Sulco (2001). Lisboa: Editora Hugins. (Mención honrosa do Prémio da Associação Fernando Pessoa, 2001)
  • Sílabas de Água (2005). Lisboa: Editora Ver o Verso. (coa artista plástica Ana Calhau).
  • O Traço do Anjo (2011). Editora Edium.
  • Do Ínfimo (2016). Lisboa: Ed. Coisas de Ler. (galardoado co Prémio Glória de Sant'Anna).
  • Do Ínfimo (2018). São Paulo: Editora Penalux.
  • Escopro e Luz (2021). São Paulo: Editora Penalux.
  • Escopro e Luz, Fafe: (2022). Editora Labirinto.

Antoloxías de poesía[editar | editar a fonte]

  • Cintilações da Sombra II (2013). Lisboa: Labirinto Editora. (Editada por Victor Oliveira Mateus).
  • La Alquimia del Fuego (2014). Madrid.
  • 70 Poemas para Adorno (2015). Lisboa: Nova Delphi.
  • La Otra (2017).[10]
  • Europoesia (2019). Braila: Antologia de poesia.
  • Sombras de Porcelana Brava (2021). Madrid: Editora Vaso Roto, Madrid.
  • Poemas para Mario Botas, (2021). Nazaré: Editora Volta de Mar.
  • Poemas para Maria Judite de Carvalho (2021). Braga: Editora Poética, Braga.

Narrativa[editar | editar a fonte]

  • A Garça (2001). Leiria: edições Diferença.
  • Caligrafia da Solidão (2006). S.Paulo: Editora Escrituras. (Nomeada como finalista ao Prémio Telecom).
  • Cantos de Solidão (2006). Porto: Porto Editora Ver o Verso.
  • Asas de Saturno (2020). Porto: Editora Exclamação.
  • Asas de Saturno (2020). S. Paulo: Editora Circuito.

Literatura infantil[editar | editar a fonte]

  • A História do Palhaço Bonifácio (2006). Porto: Editora Ver o Verso, (2006).
  • Os sete Irmãos (2008). Porto: Editora Ver o Verso.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Sobre Mim". Maria João Cantinho (en portugués). 2015-06-26. Consultado o 2023-04-05. 
  2. "COLÓQUIO/Letras". coloquio.gulbenkian.pt. Consultado o 2023-04-05. 
  3. "gewebe - cadernos do grupo de pesquisa Walter Bejamin e a filosofia contemporanêa". www.gewebe.com.br. Consultado o 2023-04-05. 
  4. "Corpos Sociais – PEN Clube Português" (en portugués). Consultado o 2023-04-05. 
  5. "Revista Caliban issn_0000311". Revista Caliban issn_0000311. Consultado o 2023-04-05. 
  6. "escritores.online - This website is for sale! - escritores Resources and Information.". escritores.online (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 04 de outubro de 2017. Consultado o 2023-04-05. 
  7. "Festival Voix Vives de Méditerranée en Méditerranée". www.voixvivesmediterranee.com. Consultado o 2023-04-05. 
  8. "En el ojo de la ballena. Maria João Cantinho" (en castelán). 2017-10-30. Consultado o 2023-04-05. 
  9. "As culturas galega e portuguesa dialogan en Lisboa a través da música, da literatura, do teatro e do audiovisual - Xunta de Galicia". www.xunta.gal. Consultado o 2023-04-05. 
  10. "En el ojo de la ballena. Maria João Cantinho" (en castelán). 2017-10-30. Consultado o 2023-04-05. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]