Alba Cid

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Alba Cid
Nacemento10 de marzo de 1989
 Ourense
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpoeta, escritora e investigadora
editar datos en Wikidata ]

Alba Cid Fernández, nada en Ourense o 10 de marzo de 1989,[1] é unha poeta galega.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Filoloxía Galega, Filoloxía Portuguesa e Filoloxía Románica na Universidade de Santiago de Compostela,[3] onde realiza a súa tese doutoral e exerceu docencia. No curso 2020-2021 foi profesora no IES Sánchez Cantón de Pontevedra.

Foi recoñecida desde moi nova en diversos galardóns literarios[4]. O seu labor investigador céntrase na teoría poética e a literatura galega, enfocando especialmente a tematización da autoría, a enunciación, a hibridación xenérica e a fragmentación na poesía contemporánea.[5]

Publicou textos en diversos libros colectivos, como Poética da casa (2006), 6 poemas 6. Homenaxe a Federico García Lorca (2015) ou Librosconversos (2016), e nas revistas Dorna[6] (de cuxo Consello de Redacción forma parte), Raigame, Algália, Grial e Luzes[7].[8]

Mantivo diversos espazos na rede, coma o caderno de viaxe paxaros que foron príncipes otomanos [9] ou a súa conta de Instagram, ademais de colaborar en diversas publicacións dixitais, coma Noir Magazine[10].

Obra[editar | editar a fonte]

  • Atlas (2019). Galaxia. 80 páxs. Fotografías e poemas.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Coedicións[editar | editar a fonte]

  • Trans-fronteiras Express: Reflexións teórico-críticas sobre hibridación e emerxencia cultural e literaria (2013). Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela.
  • La poesía actual en el espacio público (2015). Orbis Tertius.

Premios[editar | editar a fonte]

  • 43 Concurso Nacional de Redacción Coca Cola (2003)
  • Rosalía de Castro de Cornellà (2006, 2008)
  • Minerva (2007)
  • Ourense de Contos para a Mocidade (2010)
  • Xuventude Crea (2013, 2016)
  • Premio Fin de Carreira da Comunidade Autónoma de Galicia (2012)
  • Premio Nacional Fin de Carreira (2013)
  • 2020: Premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández, por Atlas.[11]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Alba Cid - Apiario". apiario.eu. Consultado o 2019-11-17. 
  2. Babelia (2020-12-04). "Alba Cid: “Las redes sociales son un pasadizo a infinitas bibliotecas”". EL PAÍS (en castelán). Consultado o 2020-12-06. 
  3. "CURRICULUM VITAE Alba Cid" (PDF). usc.gal. Consultado o 17/11/2019. 
  4. "Alba Cid e David Vázquez gañan os premios Aurelio Aguirre e José Saramago", na web do concello de Santiago de Compostela, 16 de abril de 2008.
  5. "Membro - Alba Cid Fernández - Grupo de Investigación en Teoría da Literatura e Literatura Comparada". www.tllc-usc.gal. Consultado o 2019-11-17. 
  6. "As poetas Lorena López e Alba Cid falan do novo número de Dorna | CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 2016-10-03. 
  7. "Ceo ou cénit. A autoría feminina na poesía galega - Revista Luzes". 2016-03-28. Consultado o 2016-10-03. 
  8. "PoesiaGalega: Alba Cid". www.poesiagalega.org. Consultado o 2019-11-17. 
  9. Caderno de viaxe paxaros que foron príncipes otomanos
  10. "Essays on Tiny Forests and the Perpetual – NOIR Magazine". noirmgz.com. Arquivado dende o orixinal o 03 de outubro de 2016. Consultado o 2016-10-03. 
  11. "Alba Cid, Premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández". La Voz de Galicia. 2020-10-20. Consultado o 2020-10-20. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]