Saltar ao contido

Marga Tojo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMarga Tojo
Biografía
Nacementoséculo XX Editar o valor en Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, escritora Editar o valor en Wikidata

Twitter: margatojo Instagram: margatojo BNE: XX4759267 Dialnet: 5152249 Editar o valor en Wikidata

Marga Tojo González, nada en Santiago de Compostela, é unha xornalista e poeta galega.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Tojo é colaboradora dos medios dixitais Praza Pública, Eldiario ou o diario Público[1], así como da Revista Luzes, da Revista do Audiovisual Galego ou da canle televisiva Galizaanocero.

É membro do Consello Editorial de Altermundo.org, foi confundadora e presidenta do xornal Dioivo[2] e traballou durante anos no diario Galicia Hoxe, onde coordinaba a sección de políticas sociais e mais o suplemento de cultura.

Así mesmo, participou no equipo do festival Cineuropa da capital galega[3].

Manifestou publicamente o seu activismo por causas como a normalización da lingua galega[4], o dereito ao aborto[5] ou a promoción de modelos alternativos de maternidade e coidado da infancia[6] dende unha óptica feminista e de progreso[7][8].

  1. Artigos da autora en Público.
  2. Nace Dioivo, un novo medio dixital en galego, "para contar e contrariar", nova en Praza Pública o 27 de febreiro de 2012.
  3. Marga Tojo, ganadora del Ciudad de Orihuela de Poesía para Niños, Letralia.com, 1 de novembro de 2017 (en castelán).
  4. A nova Cerna de Prolingua promoverá o galego no deporte e nas pemes, nova en Praza Pública o 14 de setembro de 2012.
  5. Eu tamén abortei, artigo de Encarna Otero para o xornal Vieiros o 16 de xaneiro de 2008 (Marga Tojo figura na listaxe de asinantes).
  6. Entrevista á autora a cargo de Montse Dopico, Praza Publica, 15 de abril de 2018.
  7. Recensión de Maternidade fóra de catálogo, Lecturafilia
  8. Entrevista á autora a cargo de Henrique Mariño, Público, 1 de marzo de [[2019 (en castelán).
  9. Entrevista a Tojo por Montse Dopico, en Praza Pública o 22 de novembro de 2016.
  10. Obra galardoada, na súa versión en castelán, co Premio de poesía para niñas y niños Ciudad de Orihuela.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]