Marga Tojo
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | século XX Santiago de Compostela, España |
| Actividade | |
| Ocupación | xornalista, escritora |
Marga Tojo González, nada en Santiago de Compostela, é unha xornalista e escritora galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Tojo é colaboradora dos medios dixitais Praza Pública, Eldiario ou o diario Público[1] e Nós Diario, así como da Revista Luzes, da Revista do Audiovisual Galego ou da canle televisiva Galizaanocero.
É membro do Consello Editorial de Altermundo.org, foi confundadora e presidenta do xornal Dioivo[2] e traballou durante anos no diario Galicia Hoxe, onde coordinaba a sección de políticas sociais e mais o suplemento de cultura.
Así mesmo, participou no equipo do festival Cineuropa da capital galega.[3]
Manifestou publicamente o seu activismo por causas como a normalización da lingua galega[4], o dereito ao aborto[5] ou a promoción de modelos alternativos de maternidade e coidado da infancia[6] dende unha óptica feminista e de progreso.[7][8]
Obra
[editar | editar a fonte]Poesía
[editar | editar a fonte]- Últimos bruídos (2016).[9] Santiago: Edicións Positivas. 180 páxs. ISBN 978-84-87783-75-9.
- Cara de velocidade (2018).[10] Pontevedra: Kalandraka. Ilustrado por María Hergueta. 48 páxs. ISBN 978-8484643760.
- Arder (2021). Santiago: Edicións Positivas. 44 páxs.[11] ISBN 978-84-124258-8-8.
Narrativa
[editar | editar a fonte]- Sarela (2025). Santiago: Edicións Positivas.
Ensaio
[editar | editar a fonte]- Maternidade fóra de catálogo (2018). Vigo: Edicións Xerais. 326 páxs. ISBN 978-84-9121-372-7.[12]
Premios
[editar | editar a fonte]- Premio Selic de creación literaria 2024 pola novela negra Sarela.[13]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Artigos da autora en Público.
- ↑ Nace Dioivo, un novo medio dixital en galego, "para contar e contrariar", nova en Praza Pública o 27 de febreiro de 2012.
- ↑ Marga Tojo, ganadora del Ciudad de Orihuela de Poesía para Niños, Letralia.com, 1 de novembro de 2017 (en castelán).
- ↑ A nova Cerna de Prolingua promoverá o galego no deporte e nas pemes, nova en Praza Pública o 14 de setembro de 2012.
- ↑ Eu tamén abortei, artigo de Encarna Otero para o xornal Vieiros o 16 de xaneiro de 2008 (Marga Tojo figura na listaxe de asinantes).
- ↑ Entrevista á autora a cargo de Montse Dopico, Praza Publica, 15 de abril de 2018.
- ↑ Recensión de Maternidade fóra de catálogo, Lecturafilia
- ↑ Entrevista á autora a cargo de Henrique Mariño, Público, 1 de marzo de [[2019 (en castelán).
- ↑ Entrevista a Tojo por Montse Dopico, en Praza Pública o 22 de novembro de 2016.
- ↑ Obra galardoada, na súa versión en castelán, co Premio de poesía para niñas y niños Ciudad de Orihuela.
- ↑ Nicolás, Ramón (2022-03-08). "Arder, de Marga Tojo". Caderno da crítica. Consultado o 2025-05-21.
- ↑ "Maternidade fóra de catálogo - Edicións Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2025-05-21.
- ↑ Diario, Nós (2025-05-20). "Marga Tojo gaña a edición 2024 dos Premios SELIC coa novela negra 'Sarela'". Nós Diario. Consultado o 2025-05-21.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Marga Tojo: De ser algo, son unha poeta moi namorada do xornalismo". El Correo Gallego. 15 de decembro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 16 de decembro de 2016. Consultado o 15 de decembro de 2016.
- Marga Tojo: "Criminalízanse e danse tintes terroristas á nosa propia cultura", no Debate sobre as políticas do medo organizado por Galiza Ano Cero.