Marga R. Marcuño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMarga R. Marcuño

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento13 de novembro de 1954 Editar o valor em Wikidata (69 anos)
Vilagarcía de Arousa, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióntradutora , profesora de ensino secundario Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 3173734

Margarida Rodríguez Marcuño, nada en Vilagarcía de Arousa o 13 de novembro de 1954[1], é unha correctora lingüística e literaria[2], profesora de educación secundaria[3] e tradutora galega[4].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciada en Filoloxía Románica, subsección de Francés pola USC. Foi Auxiliar de Lengua española no Lycée Évariste Galois en  Sartrouville (París). Fixo unha estadía na Universidade de París X-Nanterre (curso Lettres Modernes). Realizou o curso superior de Literatura francesa en París e Vigo (na Alianza Francesa) obtendo o Diplôme d´Etudes en Langue Française (D.A.L.F-C1).

Como docente interina, traballou en IES Pino Manso (O Porriño), IES Val Miñor (Nigrán) e IES nº 1(Ribeira) e como agregada de Lingua e Literatura Galegas impartiu aulas no IES Politécnico (Vigo), CIFP A Granxa (Ponteareas) e CIFP Valentín Paz Andrade (Vigo).

Foi profesora-colaboradora en cursos de galego para docentes e relatora nos encontros de formación dos Equipos de Normalización Lingüística do Concello de Vigo. Participou no equipo asesor e como coordinadora nas campañas de Normalización Lingüística “En galego vivo Vigo, en galego Vigo vai” e “Entre nós, en galego”.

Asistiu ao programa europeo Socrates-Comenius “ A integración do alumnado con N.E.E no currículo” e asistiu a diferentes encontros galego-portugueses de Educadores/as pola Paz

Ademais toma parte en diversas campañas de sensibilización contra a violencia de xénero promovidas pola Concellerías de Igualdade (Lalín e Vigo) e Coordinou as revistas: A voz do meco (Bembrive) e a A Miñoka (CEIF Paz Andrade de Vigo).

Para o estudo e tradución da obra de Agota Kristof, realizou unha estadía en Berna na BNS (Biblioteca Nacional Suíza), en Les Archives littéraires suisses (ALS).

Como ecritora recibiu diferentes premios polos seus relatos[5].

Obra[editar | editar a fonte]

Tradución[editar | editar a fonte]

Correctora lingüística e literaria[editar | editar a fonte]

  • Festa da Palabra Silenciada, revista. Correctora lingüística dende o ano 1989 até 2013)[9]
  • Vivir a galope de María Xosé Queizán (2018) Editorial Xerais ISBN 978-84-9121-453-3[3]

Colaboracións en obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • "O segundo sexo. Diario da experiencia vivida" (2008) Viceversa: revista galega de tradución, Número 14, pp. 121–129. ISNN 1135-8920-14[10]
  • "Cómo chegar desde Csikvánd (Hungría) ata Agota (Kristof)" (2001) en Festa da Palabra Silenciada. Número 27. Dedicado a: As Nobel científicas. ISSN 1139-4854, pp. 61–65.[11]
  • "Voces en rede para unha revista en festa" en Cara a unha poética feminista-Homenaxe a María Xosé Queizán (2011). Ed Xerais. Coordinada por Camiño Noia Campos e Manuel Forcadela. 320 páxs. ISBN 978-84-9914-232-6.[27] pp. 219–226.
  • "A nosa lingua en distintas voces", Festa da palabra silenciada, 2013, Número 29. Dedicado a: 30 anos de Festa. pp. 37–41, ISSN 1139-4854.[12]
  • "Recursos e ferramentas: por un código própio", Festa da palabra silenciada, 2013, Número 29. Dedicado a: 30 anos de Festa. pp. 98–100, ISSN 1139-4854[12]
  • "Fina Casalderrey, académica", Festa da palabra silenciada, 2013, Número 29. Dedicado a: 30 anos de Festa. p. 114, ISSN 1139-4854[12]

Creación[editar | editar a fonte]

  • "Ma vida" na Festa da palabra silenciada, nº 15 (1999), p 106.[13]
  • "Aquelas mans" na Festa da palabra silenciada, nº 16 (2001), p. 42 [14]
  • "Sarita". "Catro" (2002) na Festa da palabra silenciada, nº 17, pp. 116– 117[15]
  • "A busca, marea percebeira" (2007). II Premio Poesía Vilagarcía [16]
  • "Excedencia sentimental" dentro do volume Algo que ignore a las cosas serias (2018). Ediciones Idea, colección TID Maior, pp 182–184, Santa Cruz de Tenerife[17]
  • "Nin como chamarte sei" (2007) carta nº 65, pax.186. Concurso de Cartas Dillo a quen maltrata. Lalin. D.L.PO-466/04.
  • "Somos Pronomes persoais poemas" no libro Palabras1 (2008). Espazo literario Caixa nova. Vigo. 2008, pp. 13–15. (poesía) Edición non venal.
  • "Oito microrrelatos en rede" (2016-2017). Coordinación da escritora tinerfeña Yurena González Herrera.
  • "Tenerife Noir" (2017). Micrometraxe realizado para o I Encuentro Internacional de cineastas en Arona: “Aronías” (Santa Cruz de Tenerife).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Poesía y música, la oferta cultural de Vilagarcía para este fin de semana". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2019-05-02. 
  2. "Simone de Beauvoir 50 anos de revolución sexual". Festa da palabra silenciada. ISSN 1139-4854. 
  3. 3,0 3,1 Nicolás, Ramón (2019-01-13). "Vivir a galope, de María Xosé Queizán". Caderno da crítica. Consultado o 2019-05-02. 
  4. "MARGA RODRÍGUEZ MARCUÑO, vén de publicar "O segundo sexo" de simone de beauvoir: "No inicio, hai emoción e desesperanza"". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2019-05-02. 
  5. "Premios para Manuel e Andrea". La Voz de Galicia (en castelán). 2007-02-13. Consultado o 2019-05-02. 
  6. "Ficha de libro | Editorial Xerais". www.xerais.gal. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-05-02. 
  7. "«O segundo sexo» de Simone de Beauvoir, presentación en Vigo | Blog Xerais". blog.xerais.gal. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-05-02. 
  8. "«O segundo sexo» de Simone de Beauvoir, publicación do segundo volume | Blog Xerais". blog.xerais.gal. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-05-02. 
  9. "Festa da palabra silenciada / Hemeroteca / Fondos documentais / Consello da Cultura Galega". consellodacultura.gal. Consultado o 2019-05-02. 
  10. Marcuño, Margarida Rodríguez (2008). "O segúndo sexo diario da experiencia vivida". Viceversa: revista galega de traducción (14): 121–129. ISSN 1135-8920. 
  11. Marcuño, Margarida Rodríguez (2011). "Cómo chegar desde Csikvánd (Hungría) ata Agota (Kristof)". Festa da palabra silenciada (27): 61–65. ISSN 1139-4854. 
  12. 12,0 12,1 12,2 "Festa da palabra silenciada. Nº. 29, 2013". Dialnet (en castelán). Consultado o 2019-05-13. 
  13. "Festa da palabra silenciada. Nº. 15, 1999". Dialnet (en castelán). Consultado o 2019-05-13. 
  14. "Festa da palabra silenciada. Nº. 16, 2001". Dialnet (en castelán). Consultado o 2019-05-13. 
  15. "Festa da palabra silenciada. Nº. 17, 2002". Dialnet (en castelán). Consultado o 2019-05-13. 
  16. "Premios para Manuel e Andrea". La Voz de Galicia (en castelán). 2007-02-13. Consultado o 2019-05-13. 
  17. "Algo que ignore a las cosas serias | Publicaciones". Escuela Literaria (en castelán). Consultado o 2019-05-13.