IES Pino Manso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura


Coordenadas: 42°9′35.38″N 8°36′49.62″O / 42.1598278, -8.6137833

IES Pino Manso
IES Pino Manso.jpg
Imaxe panorámica da fachada do centro.
Enderezo
Porriño
Datas
Educación
Xestión
Tipopúblico
TitularidadeXunta de Galicia
Na rede
http://www.edu.xunta.gal/centros/iespinomanso/

O IES Pino Manso é un centro público que se atopa situado na vila do Porriño, na rúa Antonio Palacios número 76. É o primeiro instituto de ensinanza media construído na zona. A súa construción rematou no ano 1966 e foi inaugurado polo alcalde Gonzalo Ordóñez Pérez. Neste instituto estudaron máis de 50 xeracións de porriñeses e veciños de concellos limítrofes.

Centro[editar | editar a fonte]

Impártense Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) e Bacharelato, ademais de cursos de Formación Profesional Básica.

A oferta educativa de Bacharelato establécese en dúas modalidades de ensino: Ciencias e Humanidades e Ciencias Sociais. Ademais, no centro impártense dúas linguas estranxeiras: inglés (dende o primeiro ano) e francés (dende terceiro da ESO).

Conta cun departamento de apoio e outro de orientación.

Instalacións[editar | editar a fonte]

Conta con tres laboratorios (un de bioloxía e os outros dous de física e química). Unha cafetería, varias aulas de idiomas, unha aula de historia, aula de exames, dúas de informática, un taller de tecnoloxías, un ximnasio, unha aula de música, unha aula de debuxo e un salón de actos.

Historia[editar | editar a fonte]

O instituto comezou a construírse no ano 1965. A súa construción foi posible grazas ó Patronato de Cultura e Beneficiencia e á axuda de José Fernández López, que mercou e doou a finca.

A primeira matriculación foi aberta o 3 de outubro de 1966, celebráronse os primeiros exames de ingreso o día 15 dese mesmo mes e atrasouse a súa inauguración ata o día 24. O centro foi construído para facilitar o estudo do Bacharelato aos rapaces e rapazas das vilas próximas ó Porriño: Ponteareas, Mos, Salceda de Caselas etc., en pleno proceso de industrialización.

Anos máis tarde (no 1992) foi creado o Instituto de Formación Profesional na parroquia de Torneiros, feito que mellorou as posibilidades de estudo non universitarios do municipio.

Aniversario[editar | editar a fonte]

O 28 de outubro do 2016 celebrouse o 50 aniversario do IES Pino Manso. Leváronse a cabo diferentes actos, entre eles a comida de antigos alumnos, aínda que a máis destacable foi a creación dun conto dos Bolechas, no que se relatan as historias e experiencias de antigos alumnos e alumnas e de profesores e profesoras que pasaron polo centro ao longo dos seus 50 anos. Este conto chámase Os Bolechas van ao aniversario do Pino Manso.

Ademais, a profesora e os profesores do instituto Mercedes Bangueses Vázquez, José Ramón Iglesias Veiga e Juan Aguilar Madrazo publicaron un libro chamado IES Pino Manso do Porriño. 50 anos de ilusións, no que recollen unha gran cantidade de fotografías e contan a historia do centro e as actividades desenvolvidas en relación co seu 50 aniversario.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Joyería Lorenzo (1995). Porriño (1895-1995). Recuerdos de un siglo. Porriño: Alva Gráfica, S.L.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]