Tourón, Ponte Caldelas
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Tourón.
| Tourón | |
|---|---|
Igrexa de Santa María de Tourón. | |
| Concello | Ponte Caldelas[1] |
| Provincia | Pontevedra |
| Coordenadas | 42°24′07″N 8°31′44″O / 42.40194444, -8.52888889 |
| Área | 17,05 km² |
| Poboación | 1.115 hab. (2022) |
| Densidade | 65,4 hab./km² |
| Entidades de poboación | 6[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Santa María de Tourón é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Ponte Caldelas. Segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 1.115 habitantes (533 homes e 582 mulleres) distribuídos en 6 entidades de poboación.
Xeografía e patrimonio
[editar | editar a fonte]Esta parroquia é a máis próxima a Pontevedra e linda con ese concello na parroquia de Marcón. Está atravesada pola estrada PO-532, tramo da antiga C-531.
Hai varios petróglifos da Idade de Bronce, nos que predominan figuras animais (cabalos e cervos), circulares e cornixas.
Na parroquia está o polígono industrial da Reigosa, anexo ao polígono industrial do Campiño. O punto de maior elevación é o monte do Pé da Moa, de 595 metros.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Portada da igrexa de Santa María de Tourón.
- Capela de Santa Ana, no lugar de Buchabade.
- Laxe das Cruces - Área arqueolóxica de Tourón.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Tourón
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Tourón no concello de Ponte Caldelas (Pontevedra) | |
|---|---|
|
Buchabade | Contixe | Mirón | A Reigosa | Tourón | Vilarchán |
Parroquias de Ponte Caldelas
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 DECRETO 27/2026, do 30 de marzo, polo que se aproba o Nomenclátor de Galicia.
- ↑ IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia" (en galego). Consultado o 26 de febreiro de 2023.