María de Aragón (1482-1517)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMaría de Aragón

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(ca) Maria d'Aragó i de Castella Editar o valor em Wikidata
29 de xuño de 1482 Editar o valor em Wikidata
Córdoba Editar o valor em Wikidata
Morte7 de marzo de 1517 Editar o valor em Wikidata (34 anos)
Lisboa, Portugal Editar o valor em Wikidata
Causa da mortetrastorno puerperal Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaMosteiro dos Xerónimos Editar o valor em Wikidata
Raíña de Portugal
1500 – 1517
← Isabel de Aragão e Castela, Rainha de Portugal (pt) TraducirCatarina de Austria → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeCoroa de Aragón
Coroa de Castela
Reino de Portugal Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónaristócrata Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloInfanta of Castile (en) Traducir
Infanta of Aragón (en) Traducir
Raíña de Portugal Editar o valor em Wikidata
FamiliaCasa de Trastámara Editar o valor em Wikidata
CónxuxeManuel I de Portugal (1500 (Gregoriano)–)
FillosXoán III de Portugal, Afonso de Portugal (pt) Traducir, Henrique I de Portugal, Duarte de Portugal, 4.º Duque de Guimarães (pt) Traducir, Fernando de Portugal, Duque da Guarda (pt) Traducir, Beatriz de Portugal, Duquesa de Saboia (pt) Traducir, Luís de Portugal, Duque de Beja (pt) Traducir, Sabela de Portugal, emperatriz do Sacro Imperio Romano-Xermánico, Maria of Portugal (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisFernando II de Aragón Editar o valor em Wikidata  e Isabel I de Castela Editar o valor em Wikidata
IrmánsIsabel de Aragão e Castela, Rainha de Portugal (pt) Traducir, Catarina de Aragón, Xoana I de Castela, Afonso de Aragón, João, príncipe das Astúrias (pt) Traducir, Alonso de Estrada (en) Traducir e John of Aragon, Prince of Girona (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Aragón-425 Find a Grave: 58460376 Editar o valor em Wikidata

María de Aragón, nada en Córdoba o 29 de xuño de 1482 e finada en Lisboa o 7 de marzo de 1517, foi raíña de Portugal.

Cuarta filla dos Reis Católicos, Isabel I de Castela e Fernando II de Aragón, foi raíña de Portugal como segunda esposa de Manuel I, falecido en 1521.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

María naceu en Córdoba, pertencente entón ao reino de Castela. A súa nai, Isabel, estaba embarazada de xemelgos. A primeira en nacer foi María. O segundo, varón, naceu morto.[2]

Nese mesmo ano, Boabdil arrebatou o trono ao seu pai Muley Hacén, converténdose no último rei nazarí de Granada.

María casou con dezaoito anos, o 30 de outubro de 1500, co rei Manuel I de Portugal, viúvo da súa irmá máis vella Isabel de Aragón desde 1498, continuando así coa política de sucesivas vodas entre as familias reais portuguesa e castelá-aragonesas, no intento de unir os reinos ibéricos que, nesa época, comprendían baixo unha coroa Portugal, Aragón e Castela.[1] Así, despois da morte de María, o rei Manuel I casaría con Leonor de Austria, filla de Xoana I de Castela e Filipe o Fermoso, e sobriña, por tanto, de María de Aragón. Porén, a política de alianzas matrimoniais entre España e Portugal non quedaría aí, xa que o futuro rei de Portugal, Xoán III, fillo de María de Aragón e Manuel I de Portugal, casaría con Catarina de Austria, filla máis nova de Xoana I de Castela e irmá de Carlos V, que estivo recluída durante toda a súa infancia en Tordesillas canda a súa nai.

Ademais doutros privilexios e doazóns, o rei concedeulle como dote as vilas de Viseu e Torres Vedras. María foi unha fervorosa partidaria do proxecto imperial manuelino de destruír as cidades santas islamitas de A Meca e Medina, anexionar o Imperio mameluco e conquistar os lugares santos da cristiandade, especialmente Xerusalén. En 1508 conseguiu do seu marido que pedira perdón polas intervencións destrutivas e violentas do pogromo contra os xudeus de 1506.

Morte e sepultura[editar | editar a fonte]

María morreu o 7 de marzo de 1517 en Lisboa a consecuencia do seu último parto, do que naceu un neno chamado Antonio en 1516, que viviu poucos días. A súa vida xa estaba en perigo cando estaba embarazada deste último, debido a seus numerosos partos.

Foi enterrada no Mosteiro dos Xerónimos de Belém, en Lisboa.

Descendencia[editar | editar a fonte]

Do seu matrimonio con Manuel I de Portugal naceron dez fillos:

Antepasados de María de Aragón[editar | editar a fonte]

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
16. Xoán I de Castela
 
 
 
 
 
 
 
8. Fernando I de Aragón
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
17. Leonor de Aragón
 
 
 
 
 
 
 
4. Xoán II de Aragón
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
18. Sancho de Castela
 
 
 
 
 
 
 
9. Leonor de Alburquerque
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
19. Beatriz de Portugal
 
 
 
 
 
 
 
2. Fernando II de Aragón
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
20. Afonso Enríquez
 
 
 
 
 
 
 
10. Fadrique Enríquez
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
21. Xoana de Mendoza
 
 
 
 
 
 
 
5. Xoana Enríquez
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
22. Diego Fernández de Córdoba
 
 
 
 
 
 
 
11. Mariña Fernández de Córdoba
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
23. Inés de Ayala
 
 
 
 
 
 
 
1. María de Aragón
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
24. Xoán I de Castela
 
 
 
 
 
 
 
12. Henrique III de Castela
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
25. Leonor de Aragón
 
 
 
 
 
 
 
6. Xoán II de Castela
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
26. Xoán de Gante
 
 
 
 
 
 
 
13. Catarina de Lancaster
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
27. Constanza de Castela
 
 
 
 
 
 
 
3. Isabel I de Castela
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
28. Xoán I de Portugal
 
 
 
 
 
 
 
14. Xoán de Portugal
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
29. Filipa de Lancaster
 
 
 
 
 
 
 
7. Isabel de Portugal
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
30. Afonso I de Braganza
 
 
 
 
 
 
 
15. Isabel de Barcelos
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
31. Beatriz Pereira de Alvim
 
 
 
 
 
 
Predecesor:
Isabel de Aragón
Raíña consorte de Portugal
1500 - 1517
Sucesor:
Leonor de Austria

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Maria (D.).". Portugal - Dicionário Histórico, Corográfico, Heráldico, Biográfico, Bibliográfico, Numismático e Artístico (en portugués). pp. 823–824. Arquivado dende o orixinal o 26 de novembro de 2018. Consultado o 19 de setembro de 2017. 
  2. Liss, Peggy K. (1998). Isabel la Católica: su vida y su tiempo. Nerea. p. 192. ISBN 84-89569-27-4. Consultado o 19 de setembro de 2017. 
  3. Serrão, Joaquim Veríssimo (ed.). "António, Dom, Prior do Crato (1531-1595)". Volume I (A-D): páxina 157. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Guimarães Sá, Isabel dos, e Michel Combet (2012): Rainhas consortes de D. Manuel I: Isabel de Castela, Maria de Castela, Leonor de Áustria. Lisboa: Circulo de Leitores. Serie: Rainhas de Portugal, nº 9. ISBN 978-97-2424-710-6.
  • Queralt del Hierro, María Pilar (2011): Las damas del rey. Barcelona: Roca Editorial. Serie: Histórica. ISBN 978-84-9918-282-7. Novela sobre as mulleres que rodearon a vida e o reinado dos Reis Católicos, as súas fillas e algunhas otras mulleres destacadas, como Margarita de Austria ou Leonor de Habsburgo.
  • Viera, David John (1994): A rare sixteenth century biography of Maria of Portugal: (1482-1517). Roma: Archivum Franciscanum Historicum.

Outros artigos[editar | editar a fonte]