María Xesús Lama

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «María Xesús Lama López»)
María Xesús Lama
Nacemento1964
Lugar de nacementoSanta Euxea
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónfilóloga e profesora universitaria
IrmánsXavier Lama
PremiosPremio Nacional de Ensaio en España
Na rede
AELG: 322 Dialnet: 159680
editar datos en Wikidata ]

María Xesús Lama López, nada en Santa Euxea (Guntín) en 1964, é unha filóloga luguesa. En 2018 foi distinguida co Premio Nacional de Ensaio, que outorga con carácter anual o Ministerio de Cultura e Deporte de España, pola súa obra Rosalía de Castro. Cantos de independencia e liberdade (1837-1863).[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Filoloxía Galego-Portuguesa e Filoloxía Hispánica na Universidade de Santiago de Compostela no 1987 e doutorouse na Universidade de Barcelona no 2002 cun traballo sobre a apropiación dos materiais lendarios celtas e da materia de Bretaña na literatura galega contemporánea.

A súa investigación céntrase na interrelación entre o proceso de construción nacional e a literatura en Galicia e desenvólvese en tres direccións principais nas que se centran as súas publicacións: a vida e a obra de Rosalía de Castro como escritora fundacional da literatura galega, o tratamento literario da suposta orixe celta de Galicia e a literatura da emigración e o exilio. Publicou tamén traducións do alemán e do inglés ao galego.

Colabora habitualmente en diversas revistas literarias.

Obras[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • O celtismo e a materia de Bretaña na literatura galega: cara á construcción dun contradiscurso histórico ficcional na obra de Xosé Luís Méndez Ferrín, 2001, Universidade de Barcelona.
  • Rosalía de Castro. Cantos de independencia e liberdade (1837-1863), 2017, Galaxia.[2]

Traducións[editar | editar a fonte]

Edicións[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

  • Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro de ensaio/investigación de 2017, por Rosalía de Castro. Cantos de independencia e liberdade.
  • En 2018 gañou o Premio Nacional de Ensaio que concede o Ministerio de Cultura e Deporte de España por Rosalía de Castro. Cantos de independencia e liberdade (1837-1863).[1]
  • Premio de ensaio Baltar Feijoo da Fundación Rosalía de Castro por Rosalía de Castro. Cantos de independencia e liberdade (1837-1863).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "María Xesús Lama, Premio Nacional de Ensayo 2018". Ministerio de Cultura y Deporte. 8/11/2018. Arquivado dende o orixinal o 05/01/2019. Consultado o 04/01/2019. 
  2. Lama, M.ª X. (2017). Rosalía de Castro. Cantos de independencia e liberdade (1837-1863). Galaxia. ISBN 978-84-9151-040-6. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]