Illa dos Faisáns
Coordenadas: 43°20′34″N 1°45′56″O / 43.34278, -1.76556
Illa dos Faisáns | |
---|---|
Faisaien uhartea / Isla de los faisanes / Île des Faisans | |
![]() | |
![]() A illa vista desde Irún. | |
Situación | |
País | ![]() ![]() |
Provincia | Guipúscoa Pireneos Atlánticos |
Coordenadas | 43°20′34″N 1°45′56″O / 43.34278, -1.76556 |
Xeografía | |
Xeoloxía | Insua ou illa fluvial |
Superficie | 6.824 km² |
Punto máis alto | 6 m. |
Demografía | |
Poboación | Ningunha |
A Illa dos Faisáns (castelán: Isla de los Faisanes, en francés: Île des Faisans, Île de l´hôpital ou Île da Conférence; en éuscaro: Faisaien uhartea ou Konpantzia) é un illote fluvial situado preto da desembocadura do río Bidasoa, e cuxa soberanía é compartida amigabelmente entre España e Francia, que acordaron encargarse de coidala durante seis meses ao ano cada un.[1]

A súa superficie actual é de 2.000 m² e atópase estabilizada grazas aos traballos de protección que levaron a cabo na mesma.
A illa pertencía antigamente ao termo municipal de Hondarribia (Guipúscoa), pero na actualidade está administrada polo concello de Irún pola parte española e polo concello de Hendaia pola parte francesa. A esta illa atribuíronselle moitos nomes: en francés chámaselle maiormente "île de l´hôpital", en castelán, e, aparentemente, por un erro na tradución dun nome que se lle deu no idioma galo, leva o nome de "Isla de los Faisanes". En éuscaro hai aínda quen lle chama "Konpantzia" sendo a súa orixe, sen dúbida, as conferencias que se realizaron na illa durante o século XVII.

Entre os abundantes sucesos históricos que tiveron lugar nesta illa, o máis importante foi a rúbrica do Tratado de Paz dos Pireneos logo de vinte e catro conferencias levadas a cabo entre Luis de Haro e o Cardeal Mazarino en 1659. O Tratado foi ratificado polo compromiso contraído entre Luís XIV e a Infanta María Teresa de Austria.
No centro da illa érguese un monólito cunha inscrición conmemorativa dos devanditos sucesos. Ademais leváronse a cabo intercambios de reféns, entregas de infantas casadeiras etc.
É o territorio en condominio máis pequeno do mundo.[2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Calonge, Lorenzo. "La isla que pertenece seis meses a España y seis meses a Francia". El País, 30 de xullo de 2017 (en castelán).
- ↑ Euskal Telebista. "La isla de los Faisanes, el condominio más pequeño del mundo" (en castelán). Consultado o 18 de xuño de 2016.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illa dos Faisáns ![]() |
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Embaixada de Francia en España (en castelán) e (en francés)
- pyrenees-decouvertes.com (en francés)