Saltar ao contido

A entrevista de Lois XIV e Filipe IV na illa dos Faisáns

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A entrevista de Lois XIV e Filipe IV na illa dos Faisáns
Imaxe
 Instancia de
Características
 Xénero artístico
 Tema principal
 Colección
 Material / ingrediente
 Método de fabricación
Implicados
 Creador/a
Datas
 Fundación / creación
1660 Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Altura
   89,1 cm Editar o valor en Wikidata
 Anchura
   130 cm Editar o valor en Wikidata
Localización
 Localización
Fontes e ligazóns
 Número inventario
LM 10.101 (Museo de Tessé) Editar o valor en Wikidata
Wikidata

A entrevista de Lois XIV e Filipe IV na illa dos Faisáns (en francés: Entrevue de Louis XIV et de Philippe IV dans l'île des Faisans), é unha pintura ó óleo sobre lenzo obra do pintor Jacques Laumosnier en 1660.[1]

A Guerra dos Trinta Anos que enfrontaba aos reinos dos Habsburgos e os seus aliados contra aqueles reinos contrarios ao poder destes, enfrontou a España e Francia por este motivo. A guerra entre ambos reinos durou dez anos e finalizou coa derrota española na batalla das Dunas de 1658 e coa sinatura do Tratado dos Pireneos o 7 de xullo de 1659 na illa dos Faisáns, situada sobre o río Bidasoa que separa ambos países.

Descrición

[editar | editar a fonte]

A pintura representa o encontro entre o rei Lois XIV de Francia e Filipe IV de España na illa dos Faisáns o 7 de xuño de 1659, no cal o monarca español entregaba á súa filla María Tareixa ao francés como esposa.[2] O encontro serviu tamén para asinar o Tratado dos Pireneos, que poñía fin á guerra dos Trinta Anos.

Polo lado francés poden verse á raíña viúva Ana de Austria, irmá do rei de España e nai do francés. Tamén aparecen o duque Filipe I de Orleáns e o cardeal Jules Mazarin –plenipotenciario do rei–.[3][2]

Pola parte española, o rei Filipe IV aparece acompañado da súa filla María Tareixa, o seu fillo e herdeiro Carlos, o Conde-Duque de Olivares Luis de Haro –plenipotenciario do rei–,[3] e un dos organizadores do encontro Diego Velázquez, que nese momento contaba con sesenta anos de idade.[2]

Tapiz de Charles Le Brun[3] representando a mesma escena situado na Embaixada de Francia en Madrid.
  1. ↑ "Joconde - Portail des collections des musées de France" (en francés). Consultado o 18 de xuño de 2016.
  2. 1 2 3 Hélène DUCCINI. "« Le traité des Pyrénées », Histoire par l'image [en ligne]," (en francés). Consultado o 18 de xuño de 2016.
  3. 1 2 3 Ambassade de France à Madrid (3 de xuño de 2016). "Tapices de los Gobelinos" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2016. Consultado o 18 de xuño de 2016.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]