Saltar ao contido

Luuanda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Luuanda
 Instancia de
Características
 Forma artística
 Lingua
Implicados
 Autor/a
Datas
 Data de publicación
1963 Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/0c1v6g7 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Luuanda é un libro de contos do escritor angolano José Luandino Vieira publicado en 1963 pola editora Edições 70 en Lisboa. Está constituído por tres historias: "Vavó Xixí e seu neto Zeca Santos", "A Estória do Ladrão e do Papagaio" e "A Estória da Galinha e do Ovo".

Este libro supuxo unha ruptura coa norma portuguesa na literatura angolana. Polo seu cariz innovador, mereceu o recoñecemento xeral e foi galardoado con dous importantes premios: 1º Prémio D. Maria José Abrantes Mota Veiga, atribuído en Luanda en 1964, e o 1º Premio do Grande Prémio da Novelística, atribuído pola Sociedade Portuguesa de Escritores, en Lisboa, en 1965.