Juan Couto Sanjurjo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJuan Couto Sanjurjo
Biografía
Nacemento31 de xaneiro de 1917 Editar o valor em Wikidata
Ardemil, España Editar o valor em Wikidata
Morte12 de outubro de 1999 Editar o valor em Wikidata (82 anos)
Buscás, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesSimeón Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoGuerra civil española Editar o valor em Wikidata

Juan Couto Sanjurjo, Simeón, nado en Ardemíl (Ordes) o 31 de xaneiro de 1917 e finado en Buscás o 12 de outubro de 1999, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Actuou como enlace e ao ser descuberto pola Garda Civil, botouse ao monte en xaneiro de 1946, incorporándose ao destacamento Manuel del Río Botana dirixido por Manuel Ponte. Participou no asalto a un tren cargado de armamento na liña A Coruña-Santiago de Compostela. Foi reclamado polo Xulgado Militar da Coruña en setembro de 1946.[1] Perdeu o ollo dereito ao recibir unha perdigonada nunha refrega con veciños de Oíns (Arzúa) o 6 de decembro de 1946. Logrou escapar, con Emilio Pérez Vilariño, no enfrontamento de Fontao onde foron asasinados Manuel Ponte Pedreira, Manuel Díaz e Manuel Rodríguez Suárez o 15 de maio de 1947. Tamén escapou da caída da V Agrupación. Cando capturaron a Benigno Andrade García en marzo de 1952, estaba enfermo oculto noutro lugar, o que lle permitiu escapar da detención. Foi detido en Visantoña (Mesía) o 22 de xuño de 1952 despois de que os seus dous compañeiros, Manuel Ramiro Souto e José Galán Núñez morreran resistindo á Garda Civil que rodeaba a casa onde estaban agochados.[2] Xulgado en consello de guerra o 6 de xullo de 1953 acusado de participar no asasinato do cura de Viós (Abegondo), foi condenado a pena de morte, que foi conmutada por cadea perpetua. Pasou polas cadeas da Coruña, onde coincidiu con Foucellas, Dueso en Santoña (5 anos), Alcalá de Henares (3 anos), Carabanchel e Guadalajara. Foi posto en liberdade en 1963, e instalouse na Coruña. Finou en Buscás o 12 de outubro de 1999.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 17-9-1946, p. 5.
  2. La Voz de Galicia, 25-6-1952, p. 3.
  3. La Voz de Galicia, 17-10-1999, p. 52

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]