José Galán Núñez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Galán Núñez
Biografía
NacementoAlvedro, España Editar o valor em Wikidata
Morte2 de xuño de 1952 Editar o valor em Wikidata
Visantoña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesDereito
Miguel Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoGuerra civil española Editar o valor em Wikidata

José Miguel Galán Núñez, coñecido como Dereito ou Miguel, nado en Alvedro (Almeiras, Culleredo) e finado en Visantoña (Mesía) o 2 de xuño de 1952, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estaba facendo o servizo militar en Lugo. Cando lle faltaban tres meses para licenciarse, desertou. Pertenceu ao grupo de Benigno Andrade García. Participou na sanción económica a Marcial Patiño Patiño de Tarrio (Culleredo) o 13 de outubro de 1949. Foi abatido en Visantoña (Mesía) o 2 de xuño de 1952 con Manuel Ramiro Souto cando a Garda Civil rodeou a casa onde estaban agochados; o outro compoñente da partida, Juan Couto Sanjurjo, foi detido.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 25-6-1952, p. 3.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Lamela, Luís (2023). A loita dos perdedores. Razón e xénese da guerrilla antifranquista en Galicia. Santiago de Compostela: Laiovento. pp. 207–212. ISBN 978-84-8487-635-9. 
  • Martínez, Lupe (2007). Coa man armada. "Ejercito Guerrillero de Galicia" -IV Agrupación- 1946 - 1948. Vigo: A Nosa Terra. ISBN 978-84-8341-166-7.