Saltar ao contido

Carmen Temprano Salorio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCarmen Temprano Salorio
Biografía
Nacemento11 de novembro de 1926 Editar o valor en Wikidata
Sada, España Editar o valor en Wikidata
Morte5 de marzo de 1949 Editar o valor en Wikidata (22 anos)
Zas, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte en combate, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmaquis Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
ConflitoGuerra Civil Española Editar o valor en Wikidata

Carmen Temprano Salorio, coñecida polo alcume A Moza,[1] nada en Sada o 11 de novembro de 1926 e finada en Zas (Negreira) o 5 de marzo de 1949, foi unha guerrilleira antifranquista galega.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Botouse ao monte no verán de 1948 ao ser descuberta a relación que mantiña con José María Castelo Mosquera. Integrante do grupo de Juan Couto Sanjurjo "Simeón". O 21 de xullo dese ano foi ferida en Beldoña (Abegondo) nun tiroteo coa Garda Civil, na mesma noite na que ardeu a casa do concello de Abegondo nun incendio provocado. Vestía con roupa masculina.

Morreu ao fuxir logo de que a Garda Civil descubrise o seu agocho nunha casa de Zas (Negreira). Os seus restos mortais foron localizados nunha fosa común á beira da Igrexa de Santa María de Páramos en outubro de 2016.[2]

  1. Malvido, Gemma (11 de xuño de 2012). "Las mujeres que se llevó la guerra". www.laopinioncoruna.es (en castelán). Consultado o 21 de febreiro de 2019. 
  2. "Encuentran los cuerpos de cuatro guerrilleros de la resistencia antifranquista". El Plural (en castelán). Consultado o 21 de febreiro de 2019. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]