Saltar ao contido

Escuela del Trabajo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Escuela del Trabajo
 Título
   Escuela del Trabajo (es) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Escuela del Trabajo n.º 1. (1932)
 Instancia de
Características
 Lingua
Datas
 Data de comezo
xaneiro de 1932 Editar o valor en Wikidata
 Data de remate
marzo de 1934 Editar o valor en Wikidata
 Fundación / creación
xaneiro de 1932 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de publicación
Códigos e identificadores
VIAF125033100 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Enciclopedia Galega Universal: 121718
Wikidata

Escuela del Trabajo foi unha revista pedagóxica mensual publicada en Ourense pola Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Orense (A.T.E.O.) entre 1932 e 1934.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Subtitulada Revista mensual de educación de la ATEO, apareceu en xaneiro de 1932. O seu primeiro director foi Albino Núñez Domínguez, tamén presidente da A.T.E.O. De tendencia socialista, pretendía aglutinar aos mestres ourensáns para tratar «todos aqueles temas de acento profesional que non quebranten a cordialidade da clase, nin ataquen as últimas conquistas do espírito liberal levadas a cabo nos territorios laicos do ensino». O entrecomillado corresponde ao editorial do primeiro número da publicación, onde se engade: «Os nosos colaboradores poden traer a ela, atentos ás anteriores limitacións, aqueles problemas de ámbito científico que, sen estar directamente ligados aos foros da Pedagoxía, sinalen unha posición solvente e unha inquietude en trámite». Como pode apreciarse, o propósito inicial caracterízase pola moderación e a profesionalidade. Incluíu artigos de carácter político e educativo, denunciou o auxe do fascismo, realizou unha defensa da paz e da escola campesiña e criticou as relacións entre política e relixión.

Desenvolvemento da revista

[editar | editar a fonte]

O 17 de xullo de 1932, nunha Asemblea da A.T.E.O., o membro do Consello de Redacción Eligio Núñez "tacha a actuación do Director de «Escuela del Trabajo» de moderada, respectuosa e personalista. Intervén Albino Núñez Domínguez para rectificar o devandito, negando a verdade de tales acusacións". Presenta a súa dimisión cando o número de agosto estaba en prensa. A partir de aquí, a revista pasou a denominarse Escuela de Trabajo, dirixida por Baltasar Vázquez. Os contidos radicalízanse e iso xera certo desacougo nalgúns sectores da docencia. Así mesmo prodúcense alternancias na Dirección e no Consello de Redacción. Coa dimisión de Baltasar Vázquez, pasaron a coordinar a publicación Luís Soto, Eligio Núñez e Manuel Luís Acuña. En maio de 1934, anunciouse que Albino Núñez Domínguez volvería facerse cargo da dirección da revista, pero esta non volveu editarse debido aos problemas políticos do momento.

Cesou a súa publicación co número 26, en marzo de 1934.

Colaboradores

[editar | editar a fonte]

Nela colaboraron, entre outros:

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]