Saltar ao contido

Manuel González-Añón Carou

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carou
Información persoal
Nome Manuel González-Añón Carou
Nacemento 7 de novembro de 1968 (55 anos)
Lugar de nacemento Outes
Posición Porteiro
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1987–1988 SD Orillamar
1988–1989 Sporting Sada
1989–1990 Bergantiños FC
1990–1992 Endesa As Pontes
1992–1994 Rayo Vallecano
1994–1995 Real Valladolid 1
1995–1996 RCD Carabanchel 32
1996–1997 Metrostars de Nova York
e Long Island Rough Riders
28
1997–1999 Long Island Rough Riders 56
1999–2003 GD Chaves 91
2003-2006 Atlético Arteixo 23
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Manuel González-Añón Carou, nado en Outes o 7 de novembro de 1968, é un exfutbolista galego, que xogaba na posición de porteiro.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira deportiva no Orillamar da Coruña. Despois pasou a xogar na terceira división co Sporting Sada e o Bergantiños FC, e en segunda B co CD As Pontes.

Debutou en primeira división tras fichar polo Rayo Vallecano, que adestraba David Vidal, malia que foi suplente do nixeriano Wilfred Agbonavbare. Xogou só seis partidos, destacando a súa actuación nun deles contra o FC Barcelona no Camp Nou, malia perder 1-0. A tempada seguinte fichou polo Real Valladolid, no que xogou un só partido ao ser titular César Sánchez. Ante a falta de oportunidades en primeira división, foi cedido ao Carabanchel.

Posteriormente probou sorte na Major League Soccer dos Estados Unidos, fichando primeiro polo MetroStars de Nova York e despois polo Long Island Rough Riders, cos que aínda xogou dous anos máis na A-League. Logo de tres anos nos Estados Unidos xogou catro tempadas na Segunda Liga de Portugal logo de fichar polo GD Chaves. Antes de retirarse xogou tres tempadas no Atlético Arteixo, co que acadou o ascenso a 2ªB logo de eliminar o Real Oviedo. Despois de xogar en 2ªB, estiveron unha tempada en Rexional preferente por mor dun descenso adinistrativo.

Comezou a súa carreira como adestrador cos xuvenís do Sporting Coruñés de Monte Alto, e despois pasou a adestrar os porteiros do Montañeros Club de Fútbol na súa etapa en 2ªB (2009-2012).

Traballa como xestor automatista en Zara Loxística, e xoga no equipo de veteranos do Deportivo da Coruña.

Clubs como xogador

[editar | editar a fonte]
Club País Ano Categoría Partidos
SD Orillamar Galicia Galicia 1987-1988 Rexional
Sporting Sada Galicia Galicia 1988-1989 Terceira división
Bergantiños Fútbol Club Galicia Galicia 1989-1990 Terceira división
Endesa As Pontes Galicia Galicia 1990-1991 Segunda B
Endesa As Pontes Galicia Galicia 1991-1992 Segunda B
Rayo Vallecano España España 1992-1993 Primeira división
Rayo Vallecano España España 1993-1994 Primeira división 6
Real Valladolid España España 1994-1995 Primeira división 1
RCD Carabanchel España España 1995-1996 Segunda B 32
MetroStars de Nova York
e Long Island Rough Riders
Estados Unidos de América Estados Unidos 1996-1997 Major League Soccer 28
Long Island Rough Riders Estados Unidos de América Estados Unidos 1997-1998 USL First Division 28
Long Island Rough Riders Estados Unidos de América Estados Unidos 1998-1999 USL First Division 28
GD Chaves Portugal Portugal 1999-2000 Segunda Liga 27
GD Chaves Portugal Portugal 2000-2001 Segunda Liga 32
GD Chaves Portugal Portugal 2001-2002 Segunda Liga 14
GD Chaves Portugal Portugal 2002-2003 Segunda Liga 18
Atlético Arteixo Galicia Galicia 2003-2004 Terceira división 3
Atlético Arteixo Galicia Galicia 2004-2005 Segunda B 17
Atlético Arteixo Galicia Galicia 2005-2006 Preferente Norte 3

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]