Manilkara zapota
| Manilkara zapota | |||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
|
Conservación
| |||||||||||||||||||||
| Clasificación taxonómica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| Wikidata G:Commons C:Commons | |||||||||||||||||||||

A Manilkara zapota é unha árbore tropical da familia das sapotáceas (antes chamado Sapota zapotilla ou Achras zapota) orixinario de México, América central e América do Sur tropical. Foi introducido en Filipinas durante a colonización española. Desde entón, difundiuse por Asia e crece en grandes cantidades na India, Tailandia, Malaisia, Camboxa, Indonesia ou Bangladesh, lugares onde o froito é moi popular e coñécese como chikoo.
Polo seu sabor doce e aromático, numerosos pobos amerindios utilizaban o seu látex, coñecido como goma de mascar (coñecido en náhuatl como tzictli)[1], para mascar. De feito, até hai relativamente pouco tempo utilizábase aínda esta saiba como material para facer as gomas de mascar.
Recolla
[editar | editar a fonte]O proceso da colleita da goma de mascar aseméllase moito á que se usaba para a extracción do caucho da Hevea brasiliensis. Entre xullo e febreiro, na estación chuviosa, o toro da árbore márcase de mañá cedo con fendas de machado pouco fondas e en zigzag, para que a saiba abrolle polos cortes e se deposite en saquetiños colocados a ese efecto; á tarde, os chicleros apañan o quilogramo e medio (aproximadamente) de saiba que abrollou e o transportan a plantas de procesamento.
A M. zapota non se explota até cumprir os 25 anos, e, xa que escarifica os cortes antigos, só poden drenarse de cada árbore unha vez cada dous ou tres anos. A demanda da goma de mascar medrou enormemente ao longo do século pasado, o que conduciu á utilización doutras especies parecidas (M. bidentata ou Mimusops globosa).
Froito
[editar | editar a fonte]
A M. zapota cultívase tamén polo seu froito comestíbel, semellante á ameixa. A polpa é parda, translúcida e moi doce. En México, esta froita é comercializada con dous nomes: chicozapote e chupeta, palabra esta última que provén do náhuatl e significa zapote de mel, precisamente por ser o máis doce dos froitos que producen as árbores da familia das sapotáceas. En Guatemala tamén se cultiva con este último nome e se comercializa amplamente por todo o territorio guatemalteco. Úsase incluso a súa madeira para elaborar enfeites artesanais e esculturas con formas moi diversas: ruínas maias, tatús, xaguares, tucanos etc.[2] En Venezuela chámanlle zapote.
Industrialización
[editar | editar a fonte]O mexicano do século XIX Antonio López de Santa Anna, exiliouse nos Estados Unidos. Mentres vivía en Staten Island, Nova York, mercou un cargamento de goma de mascar natural, e un coñecido del, o industrial e inventor Thomas Adams concibiu o proxecto de utilizar o material coma substituto do caucho, que acadaba prezos estratosféricos para a época.
Porén a resina da M. zapota era demasiado branda para ese fin, e Adams perdeu grandes cantidades de diñeiro no proceso, logo de intentar fabricar con ela pneumáticos de bicicleta, xoguetes, botas de chuvia e máscaras. A adicción do xeneral López de Santa Anna a mascar o material suxeriulle a idea de comercializalo coma substituto da parafina, que a mocidade usaba para mascar daquela. En 1869 obtivo unha patente para a goma de mascar, e dous anos despois comezou a comercializala en masa baixo a marca Adams New York Chewing Gum. En 1875 tivo a idea de mesturar o produto con xarope de pradairo e regalicia para darlle sabor.
O sabor de menta, tan popular actualmente, non se introduciu até 1880; nese ano, William White fabricou a primeira goma con ese sabor baixo a marca Yucatán.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Enciso, Angélica (18 de xaneiro de 2007). "Chicle, el blanco jugo de la selva". La Jornada. Consultado o 6 de xaneiro de 2011.
- ↑ Montemayor, Carlos: "Notas sobre nahuatlismos", en La Jornada, 3 de xullo de 2007.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Manilkara zapota |
