Xarope de pradairo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Xarope de pradairo do Canadá

O xarope de pradairo[1] é un xarope feito a partir da auga e do zume de pradairo (Aceraceae) de comezos da primavera, que foi concentrado por ebulición. Faise nas forestas de América do Norte (sobre todo Ontario, Quebec e Vermont) e véndese hoxe en día en todo o mundo.

Xarope de pradairo
Valor nutricional por 100 g
Enerxía1,088 kJ (260 kcal)
67 g
Azucres60.4
0.06 g
0.04 g
VitaminasCantidade
%DV
Tiamina (B1)
6%
0.066 mg
Riboflavina (B2)
106%
1.27 mg
Niacina (B3)
1%
0.081 mg
Ácido pantoteico (B5)
1%
0.036 mg
Vitamina B6
0%
0.002 mg
Ácido fólico (B9)
0%
0 μg
Colina
0%
1.6 mg
Vitamina C
0%
0 mg
MineraisCantidade
%DV
Calcio
10%
102 mg
Ferro
1%
0.11 mg
Magnesio
6%
21 mg
Manganeso
138%
2.908 mg
Fósforo
0%
2 mg
Potasio
5%
212 mg
Sodio
1%
12 mg
Cinc
15%
1.47 mg
Outros constituíntesCantidade
Auga32.4 g

As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos.


A técnica xa era dominada polas poboacións indíxenas do Canadá cando os europeos chegaron. Utilizábase en particular coma alimento tónico na primavera. Nomerosas lendas amerindias escenifican o xarope de pradairo.

O xarope de pradairo non é un doce moi popular en Europa, tampouco en Galiza, aínda que se pode atopar nalgúns supermercados. Adóitase empregar para adozar torradas, filloas, chulas etc, coma se fose mel.

Fabricación do xarope de pradairo[editar | editar a fonte]

Entre as nomerosas especies de pradairos, dúas son principalmente utilizadas pera a produción de xarope de pradairo: o pradairo negro (Acer nigrum) e mailo pradairo azucreiro (Acer saccharum), moitas veces consideradas a mesma especie, ou mesmo, a primeira, coma subespecie do A. saccharum.

O xarope de pradairo prodúcese maioritariamente no Canadá - 83% da colleita mundial - particularmente na provincia de Quebec, cunha menor produción en Ontario. Faise tamén nalgúns estados dos Estados Unidos de América. Así mesmo, a produción de xarope de pradairo nos EUA tende a continuar sendo constante, mentres que no Canadá multiplicouse por dous en vinte anos.

Colleita da auga de pradairo[editar | editar a fonte]

Pinga da auga de pradairo.

A auga de pradairo apáñase na fin do inverno ou ao comezo da primavera, segundo as rexións, cando as noites de xeada veñen seguidas de días de desxeo. Esta auga contén arredor dun 2% ou 3% de azucre. Este azucre (esencialmente glicosa) é almacenado no raizame durante o outono, onde pasa o inverno. Na primavera, sobe baixo a casca e distribúese por toda a árbore, a fin de proporcionar enerxía de abondo para reactivar o seu metabolismo.

A auga de pradairo non é o zume. Este, claramente máis carregado en minerais e moléculas orgánicas complexas, só sobe polas raíces cando o metabolismo da árbore é reactivada. A chegada do zume e do seu sabor agre marca a fin da colleita da auga de pradairo. É dicir, non se fai a colla do zume, senón da auga de pradairo.

Se o diámetro do toro do pradairo é inferior a 20 cm a auga nunca se recolle. A regra xeral é, pois, agardar deica os 45 anos despois da plantación do pradairo antes de comezar a apañar a auga. Así mesmo, un pradairo azucreiro pode vivir até os 300 anos, incluso máis. Deste xeito, pode dar auga cada primavera por moitos anos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Pradairo é o nome común das especies do xénero Acer, das que se tira o xarope. O Diccionario galego de termos médicos (Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 2002), fala deste termo a través dunha enfermidade chamada da urina en xarope de pradairo, cando os ouriños cheiran a este doce

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]