Maj Sjöwall
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 25 de setembro de 1935 Estocolmo |
| Morte | 29 de abril de 2020 Landskrona |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Ficción detectivesca, xornalismo, tradución e detective literature (en) |
| Ocupación | tradutora, xornalista, escritora |
| Período de actividade | 1965 |
| Compañeiro profesional | Per Wahlöö: Sjöwall/Wahlöö (pt) |
| Obra | |
Obras destacables
| |
| Familia | |
| Parella | Per Wahlöö |
| Fillos | Jens Sjöwall |
| Pai | Will Sjöwall |
| Irmáns | Lars Sjöwall |
| Premios | |
| |
| Descrito pola fonte | Metzler Autorinnen Lexikon (1 ed.), (p.497–498) >>>:Sjöwall, Maj The History of Nordic Women's Literature (en) |
Maj Sjöwall, nada en Estocolmo o 25 de setembro de 1935 e finada o 29 de abril de 2020, foi unha escritora e tradutora sueca.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É autora, co seu compañeiro sentimental, Per Wahlöö (1926-1975), dunha serie de dez novelas policiais protagonizadas polo inspector Martin Beck e publicadas entre 1965 e 1975. Máis alá dos parámetros da novela negra, estas novelas ofrecen unha visión fortemente crítica da sociedade e o sistema político da Suecia da época, desde o punto de vista comprometidamente marxista dos autores.
A parella durou 14 anos e tivo dous fillos, Tetz e Jens. Despois de Per morrer de cancro de páncreas (1975), Maj Sjöwall seguiu a facer traducións do inglés, o danés e o noruegués para editoriais suecas; escribiu algúns relatos breves e é coautora da novela Kvinnan Som Liknade Greta Garbo (1990) xunto ao alemán Tomas Ross.
Premios
[editar | editar a fonte]- Premio Edgar Allan Poe (1971).
- Riverton Prize (2006).
- VIII Premio Pepe Carvalho de Novela negra (Barcelona, 2013).
Bibliografía
[editar | editar a fonte]Ningunha das súas novelas está traducida ao galego, aínda que todas o están ao español e algunhas ao portugués.
- Roseanna (1965)
- Mannen som gick upp i rök (1966)
- Mannen på balkongen (1967)
- Den skrattande polisen (1968)
- Brandbilen som försvann (1969)
- Polis, polis, potatismos! (1970)
- Den vedervärdige mannen från Säffle
- Det slutna rummet (1972)
- Polismördaren (1974)
- Terroristerna (1975)