Saltar ao contido

Per Wahlöö

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPer Wahlöö

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(sv) Per Fredrik Wahlöö Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento5 de agosto de 1926 Editar o valor en Wikidata
Gotemburgo, Suecia Editar o valor en Wikidata
Morte22 de xuño de 1975 Editar o valor en Wikidata (48 anos)
Malmö, Suecia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaSankt Pauli mellersta kyrkogård (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeSuecia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , escritor de ciencia ficción , escritor , guionista , tradutor , pintor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1959 Editar o valor en Wikidata -
Xénero artísticoFicción detectivesca Editar o valor en Wikidata
Pseudónimo literarioPeter Wahloo Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua sueca Editar o valor en Wikidata
Compañeiro profesionalMaj Sjöwall: Sjöwall/Wahlöö (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeInger Wahlöö (1954–1957)
ParellaMaj Sjöwall Editar o valor en Wikidata
PaiWaldemar Wahlöö (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm0883908 Allocine: 187275 Allmovie: p218810
BNE: XX1034468 Musicbrainz: 987a43ab-2508-4794-b148-6f17e8aeb643 Discogs: 935770 WikiTree: Wahlöö-1 Find a Grave: 8822025 Editar o valor en Wikidata

Per Fredrik Wahlöö, nado 5 de agosto e 1926 en Tölö e finado o 22 de xuño de 1975 en Malmö, foi un escritor e xornalista sueco.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo do tamén xornalista e escritor Waldemar Wahlöö e mais de Karin Svensson. Comezou a súa actividade como xornalista en Malmó en 1947 en Sydsvenskan, e a partir de 1949 en Kvällsposten, onde estivo ata 1953 e cubriu sobre todo información sobre crimes[1]. Logo escribiu crítica de filmes e teatro para o Norrköping Tidningar. Estableceuse en Estocolmo e traballou en Veckorevyn e máis tarde en Folket i Blid que se acabaría convertendo en FIB actuellt e onde permanecería ata 1964, deixándoo como protesta á súa conversión nunha revista de porno brando para homes[2]. Foi membro do consello de redacción da revista da nova esquerda Tidsignal (1965-1970).

De ideoloxía comunista, as súas primeiras novelas estaban moi influídas polas súas ideas e tiñan unha historia dramaticamente efectiva, sobre o poder e a xustiza, como Lastbile de 1962, que retrata a ditadura de Franco en España. A partir de mediados da década de 1960 escribiu, canda a súa parella Maj Sjöwall, unha serie de novelas policiais protagonizadas polo inspector Martin Beck, que se levaron á pantalla, e que deu orixe ao éxito da novela policial sueca [3] na que a tradicional ficción criminal leva o foco cara a temas sociais.

  • Flygplan saknas (1965)
  • Morianerna (1965)
  • Nattmara (1965)
  • Mördaren – en helt vanlig person (1967)
  • Mannen i skuggan (1978)
  1. Tapper, Michael (2014)Swedish Cops: From Sjöwall and Wahlöö to Stieg Larsson Intellect Books, p. 67
  2. Jonason Anders (1973), '“Deckaren är en borgerlig företeelse men vi har brutit mot mönstret”, säger Sjöwall-Wahlöö', FiB/Kulturfront, vol. 2, no. 12, pp. 10–11
  3. Miranda, Ulrika Junker; Anne Hallberg (2007). «Per Wahlöö». Bonniers uppslagsbok . Estocolmo: Albert Bonniers Förlag. p. 1062