Luis Martín-Santos
Luis Martín-Santos | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Luis Martin Ribera |
Alcume | Luis |
Nacemento | 11 de novembro de 1924 |
Lugar de nacemento | Larache |
Falecemento | 21 de xaneiro de 1964 e 21 de febreiro de 1964 |
Lugar de falecemento | Vitoria |
Causa | accidente de tráfico |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Salamanca |
Ocupación | psiquiatra, escritor, novelista, xornalista, poeta, médico escritor e médico |
Pai | Leandro Martín Santos |
Irmáns | Leandro Martín-Santos Ribera |
Coñecido por | Tiempo de silencio |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Luis Martín-Santos, nado en Larache (Marrocos) o 11 de novembro de 1924 e finado en Gasteiz o 21 de febreiro de 1964, foi un médico psiquiátrico e escritor en lingua castelá. A súa novela máis coñecida é Tiempo de silencio (1961), obra de denuncia social cunha valente renovación estilística. A trama transcorre en Madrid no outono de 1949 e o autor amosa, con fina ironía, o panorama das clases sociais da cidade.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Aos cinco anos trasladouse a Donostia, onde o seu pai (médico militar), fora destinado. Cursou Medicina en Salamanca e doutorouse en Madrid no 1947. Especializouse en Psiquiatría, tanto en Madrid coma na Alemaña. Á súa volta conseguiu o posto de director do Centro Psiquiátrico de Donostia, sendo frecuentes as súas estancias en Madrid, onde contaba con amigos coma Rafael Sánchez Ferlosio ou Juan Benet.
Tamén tivo unha salientable actividade política, chegando a ser membro do Comité Executivo do daquela clandestino Partido Socialista Obrero Español, circunstancia pola cal foi detido en varias ocasións.
Finou nun accidente de automóbil en 1964.
Obras de Psiquiatría[editar | editar a fonte]
- Dithey, Jaspers y la comprensión del enfermo mental (1955)
- Libertad, temporalidad y transferencia en el psicoanálisis existencial (1964).
Obras literarias[editar | editar a fonte]
- Tiempo de silencio (1961)
- Apólogos (1970), póstuma
- Tiempo de destrución (1975), póstuma e inacabada.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Lázaro, F. e Tusón, V. (1982). Literatura Española. Ed. Anaya