Lugones

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Lugoni»)
Mapa das tribos ástures.

Os lugones[1] (en latín: Lugoni) eran unha tribo celta dos ástures que viviu no Convento Asturicense de Gallaecia, entre os ríos Nailos (Nalón) e Salia (Sella) e na zona do val de Duerna. A súa capital era Paelontium (Belonciu). A persistencia desta tribo é coñecida até despois da caída do Imperio Romano, en tempos dos visigodos, cando Sisebuto mandou ó seu xeneral Riquila sufocar unha rebelión destes contra o século VI-VII.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O seu nome provén da raíz celta lug, que quere dicir “brillante”. Lug era unha divindade solar, a principal dos celtas na península, dos que os lugones eran os descendentes ou "fillos da luz". Segundo a documentación literaria antiga, o territorio actual de Siero estivo habitado por esta tribo.

É posible que o nome da actual parroquia de Llugones, no concello de Siero, proveña da antiga tribo.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]