Saltar ao contido

Luciano Fariña Couto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLuciano Fariña Couto
Biografía
Nacemento13 de xaneiro de 1916 Editar o valor en Wikidata
Cambados Editar o valor en Wikidata
Morte9 de decembro de 2011 Editar o valor en Wikidata (95 anos)
Pontevedra Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoPobo galego Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfuncionario, profesor de ensino secundario Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
FillosLuciano Fariña Busto, Francisco Fariña Busto Editar o valor en Wikidata
IrmánsLuís Fariña Couto Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteÁlbum de Galicia
Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada
Dicionario biográfico de Galicia Editar o valor en Wikidata
Enciclopedia Galega Universal: 125618 Galiciana: 355192 BNE: XX1601101 BUSC: 981013405930907712 Dialnet: 1295948

Luciano Fariña Couto, nado en Cambados o 13 de xaneiro de 1916 e finado en Pontevedra o 9 de decembro de 2011,[1] foi un funcionario e profesor galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Formou parte do Seminario de Estudos Galegos, onde ingresou como membro en febreiro de 1933[1] coa lectura de ingreso, publicada despois na revista Nós, contando coa colabaración de Xurxo Lorenzo Fernández, baixo o título Tres estacións de arte rupestre da serra do Leboreiro.[1][2][3] Foi presidente da Juventud de Acción Católica de Cambados[4][5] entre os anos 1933 e 1942.[1]

Tras principiar os estudos en 1932 na Universidade de Santiago de Compostela,[1] licenciousue en Filosofía e Letras pola Universidade de Valladolid[3] en 1940 e en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela en 1955,[1] nesta última doutorouse coa tese La legislación de los sínodos diocesanos de Orense en los siglos XV y XVI, sobre los sacramentos del bautismo, penitencia, eucaristía y matrimonio[3][6] baixo a dirección de Paulino Pedret[1] en 1964,[7] completando previamente os estudos de Graduado Social en 1951 e mais os de Perito Mercantil no ano 1956.[1]

Incorporouse a filas durante a guerra civil española en Valladolid no ano 1937, serviu como administrativo no sanatorio antituberculoso da FET y de las JONS Onésimo Redondo de Valladolid,[1] dirixido polo médico galego Luís de Castro García.[8][9]

Dedicouse á docencia, comezando esta actividade no ano 1940, dando clases en diferentes institutos de ensino secundario de Galicia, así como profesor axudante na Universidade de Santiago de Compostela durante a década de 1960.[1]

Accedeu ó corpo técnico do Instituto Nacional de Previsión (INP) en 1945,[10] primeiro con destino en Madrid, o ano seguinte en Barcelona, para trasladarse a Ourense en 1947, onde se reencontrou cos membros do Seminario de Estudos Galegos, en 1962 a Santiago de Compostela e no ano 1966 á Coruña. En 1972 foi nomeado administrador de Institucións sanitarias en Pontevedra dependente da Delegación provincial do INP.[1] Como membro da Falange, foi nomeado subxefe provincial do Movimiento Nacional en Ourense no ano 1958,[11] cesou un ano despois, asumindo o posto de director do Taller-Escuela Sindical de Formación Profesional 12 de Octubre de Ourense. Foi tamén concelleiro entre os anos 1960 e 1962 no concello de Ourense.[1]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Fillo de Luis Fariña Gómez, procurador dos tribunais, foi irmán de Luís Fariña Couto. Casou con Francisca Busto Rodríguez en 1945[10] e foi o pai de Luciano e Francisco Fariña Busto.

Heráldica

[editar | editar a fonte]

Obras colecctivas

[editar | editar a fonte]
  1. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 Álbum de Galicia, Luciano Fariña Couto.
  2. ↑ Lorenzo Fernández, Xurxo; Fariña Couto, Luciano (23-07-1933). "Tres estacións de arte rupestre da Serra do Leboreiro". Nós (Ano XV, nº: 115): 124–132.
  3. 1 2 3 Gran Enciclopedia Galega, Fariña Couto, Luciano, 1916-2011.
  4. ↑ "Cambados lembra os aniversarios da Xuventude e do grupo de Acción Católica". Faro de Vigo. 19-08-2009. Consultado o 29-02-2024.
  5. ↑ Costa, Bea (30-08-2009). "Paredes cargadas de historia". La Voz de Galicia. Consultado o 29-02-2024.
  6. ↑ Fariña Couto, Luciano (1965-1966). "La legislación de los sínodos diocesanos de Orense en los siglos XV y XVI, sobre los Sacramentos del Bautismo, Penitencia, Eucaristía y Matrimonio". Boletín da Universidade de Santiago de Compostela (Universidade de Santiago de Compostela).
  7. ↑ "Lectura de tesis doctoral". La Noche (en castelán). 08-12-1964. Consultado o 29-02-2024.
  8. ↑ Ponte, Fernando; de Castro, Álvaro (23-08-2021). "Luis de Castro García (1912-1977) / Tisiólogo y humanista ourensano". El Correo Gallego (en castelán). Consultado o 01-03-2024.
  9. ↑ Simón Lorda, David; de Castro Palomares, Álvaro (2014). "La Sanidad de la F.E.T y de las J.O.N.S: el Sanatorio Antituberculoso "Onésimo Redondo". Valladolid, 1938-1939". Medicina y poder político: XVI Congreso de la Sociedad Española de Historia de la Medicina: Madrid, 11-13 de junio de 2014 (en castelán). Sociedad Española de Historia de la Medicina. pp. 491–498. ISBN 978-84-617-0024-0. Arquivado dende o orixinal o 01 de marzo de 2024. Consultado o 01 de marzo de 2024.
  10. 1 2 "Luciano Fariña Couto: 13-01-1916 - 09-12-2011 : in memoriam" (PDF). Estudios de genealogía, heráldica y nobiliaria de Galicia (Asociación de Genealogía, Heráldica y Nobiliaria de Galicia) (nº: 10): 13–14. 2012. ISSN 1579-2293. Con cariño: A Asociación, os teus compañeiros, familiares e amigos
  11. ↑ "Noticias breves. Nombramientos" (PDF). Boletín da A. C. N. de P. (en castelán) (Asociación Católica Nacional de Propagandistas) (Ano XXXIV, nº: 647-648). 15-30 de decembro de 1958. Depósito legal: M-244-1958. Consultado o 29 de febreiro de 2024.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]