Luís VI de Francia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Luís VI de Francia
Nacemento1 de decembro de 1081 e 1081
Lugar de nacementoParís
Falecemento1 de agosto de 1137 e 1137
Lugar de falecementoChâteau de la Douye
SoterradoBasílica de Saint-Denis
NacionalidadeFrancia
Relixióncristianismo
Ocupaciónmonarca
PaiFilipe I de Francia
NaiBerta de Holanda
CónxuxeLucienne de Rochefort e Adela de Saboia
FillosLuís VII de Francia, Filipe de Francia, Enrique de Francia, Arcebispo de Reims, Roberto I de Dreux, Constanza de Francia, condesa de Tolosa, Filipe de Francia, Arquidiácono de París, Pedro I de Courtenay e Isabelle de France
IrmánsConstança de França e Cecília de França
Na rede
WikiTree: Capet-14 Find a Grave: 21089 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Luís VI de Francia, o Gordo ou o Batallador[1], nado en París o 1 de decembro de 1081 e finado en Bethisy (Picardía) en 1137, foi rei de Francia entre 1108 e 1137.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Orixes familiares[editar | editar a fonte]

Nado en París no seo da dinastía Capeto, foi o segundo fillo, o primeiro varón, do rei Filipe I de Francia e a súa primeira esposa, Berta de Holanda.[2] Era neto por liña paterna de Henrique I de Francia e Ana de Kíiv, e por liña materna de Florián I de Holanda e Xertruda de Saxonia.

Matrimonios e descendentes[editar | editar a fonte]

Casou no 1104 con Lucía de Rochefort, filla de Guido II de Rochefort e Isabel de Crecy. Desta unión naceu unha filla, a princesa Isabel de Francia (1105 - 1175), casada en 1119 co seu primo Guillerme de Vermandois.

En 1107, Luís VI de Francia conseguiu divorciarse da súa muller para casar de novo. Casou, en segundas nupcias, o 4 de maio de 1115 en París con Adelaida de Savoia, filla do conde Humberto II de Savoia e Xisela de Borgoña. Desta unión naceron:

Ascenso á coroa[editar | editar a fonte]

Foi nomeado herdeiro e coroado rei en 1101, como mandaba a tradición capeta en vida aínda do monarca. Á morte do seu pai en 1108 sucedeuno na coroa francesa a pesar da oposición da segunda esposa do rei francés, Bertrada de Montfort. Esta tentou matalo en varias ocasións para que o fillo que tivera co rei puidese sucedelo.

Luís VI de Francia estivo a piques de caer en mans inglesas durante a batalla de Bremule en 1119, en Normandía, contra o exército de Henrique I. Un soldado normando conseguiu coller as rendas do seu cabalo e, eufórico, clamou: "Capturei o rei!". Non obstante, o monarca galo, enfadado, bateu no seu captor e, mentres fuxía, dixo: "Nunca se pode capturar un rei, nin sequera no xadrez!" [3].

Foi un rei enérxico, que tivo como colaborador o abade Suger de Saint-Denis. Pasou a maior parte do seu reinado pacificando a rexión da Illa de Francia e combatendo incursións dos señores feudais. Foi un administrador capaz e consolidou o patrimonio, outorgando privilexios ás cidades e creou comunidades rurais, ás que atraeu os agricultores mediante a concesión de franquías.

Luís VI o Gras morreu o 1 de agosto de 1137 no castelo de Béthisy, preto de Amiens, sendo enterrado na catedral de Saint-Denis.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Académie des inscriptions et belles-lettres Histoire littéraire de la France 1841 pàgina 656
  2. Philippe Delorme (2001). Aliénor d'Aquitaine : épouse de Louis VII, mère de Richard Coeur de Lion (en francès). 
  3. Isabel Margarit. Historia y Vida - 495 - Tesoros del Nil (en castellà). Prisma Publicaciones. ISSN 0018-2354.