Sierra Maestra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Serra Maestra")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Mapa de Cuba.
Os fieitos arborescentes abundan neste territorio: Compárese a altura destes coa estatura das persoas na imaxe.

A Sierra Maestra é unha cadea montañosa situada na rexión suroriental de Cuba principalmente nas provincias de Granma e Santiago de Cuba.

O seu punto máis alto é o Pico Turquino con 1974 msnm o cal se sitúa no corazón da Serra.

Descrición[editar | editar a fonte]

Esta serra constitúe a maior cordilleira do país con forma dun verde bastión que bordea a costa sur oriental de Cuba desde Cabo Cruz até a baía de Guantánamo, ten ao redor de 250 km de longo por 35 de ancho.[1] A súa altura media está entre os 300 e 1500 msnm, tamén o Pico Cuba destácase pola súa altura con 1872 m e o Pico Suecia, con 1734 msnm.

A Sierra Maestra é un dos escenarios naturais máis destacados de toda Cuba. Nela atópanse magníficos parques naturais como o Parque Pico Turquino, Parque Desembarco do Granma, Parque Santo Domingo-la Sierrita ou o Parque Marea del Portillo. Isto fai que a Sierra Maestra sexa un gran destino ecoturístico na Illa de Cuba. En 1980 unha parte foi declarada parque nacional.

A Gran Piedra na Sierra Maestra.

Valor natural[editar | editar a fonte]

Entre os atractivos naturais de Sierra Mestra atópase a Gran Piedra, unha roca de 70 000 toneladas situada a 1225 metros de altura. Trátase da terceira roca máis grande do mundo e atópase rexistrada no Libro Guinness dos Récords.[2]

Fervenza en río Brazo de Buey, Sierra Maestra.


Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]