Centrárquidos
| Centrárquidos | |||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Centrarchidae Edward Drinker Cope | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| Clasificación taxonómica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||||
Os centrárquidos ( Centrarchidae ) son unha familia de peixes de auga doce, incluídas na orde dos Perciformes.[1] A súa distribución redúcese ás augas continentais de Norteamérica.
Características
[editar | editar a fonte]Corpo normalmente alto. O tamaño medio desta familia rolda os 20–30 cm, pero atopáronse exemplares de Micropterus salmoides que alcanzaban 1 m.
Teñen de 5 a 13 espiñas na aleta dorsal, aínda que a maioría das especies teñen de 10 a 12. Caracterízanse por presentar dous ou tres espiñas na anal.
O macho constrúe un niño aproveitando algunha depresión que aumenta coa boca, e logo vixía a posta.
Algunhas especies desta familia son moi apreciadas para a pesca deportiva, polo que se introduciron en áreas fóra do seu hábitat orixinal, o que ocasionou grandes danos medioambientais, ben por desprazar a outras especies autóctonas, ben por eliminalas por completo.
Situación en España
[editar | editar a fonte]En España introducíronse as especies Micropterus salmoides e Lepomis gibbosus, e constatouse un desprazamento das especies autóctonas a espazos pouco favorables, co perigo de producir extincións locais.
Dáse o caso, ademais, de que especies controladoras das poboacións de peixes de río, como a londra (Lutra lutra), un dos principais depredadores ictiófagos das augas continentais ibéricas, non adoita consumir estas especies americanas, polo que nin ela consegue alimento suficiente nin a poboación alóctona resulta controlada.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Divídense en oito xéneros e 27 especies:
- Subfamilia Centrarchinae
- Xénero Ambloplites
- Xénero Archoplites
- Xénero Pomoxis
- Xénero Centrarchus
- Xénero Enneacanthus
- Subfamilia Lepominae
- Xénero Lepomis
Ademais de dous xéneros de clasificación incerta:
- Xénero Micropterus
- Xénero Acantharchus
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Richard van der Laan; William N. Eschmeyer; Ronald Fricke (2014). "Family-group names of Recent fishes". Zootaxa 3882 (2): 001–230. PMID 25543675. doi:10.11646/zootaxa.3882.1.1.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- José Prenda, Francisco Blanco-Garrido, Virgilio Hermoso, Miguel Clavero e Arturo Menor. ¿Son realmente importantes las especies exóticas en la conservación de los Ríos Ibéricos? El caso de los peces. Departamento de Biología Ambiental y Salud Pública, Universidad de Huelva.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Centrárquidos |
| Wikispecies posúe unha páxina sobre: Centrárquidos |