Saltar ao contido

Lista de presidentes do Brasil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Lista dos presidentes do Brasil»)
Bandeira da presidencia do Brasil.

No Brasil, o presidente da República exerce o papel de xefe de estado e tamén o de xefe de goberno. Así ten sido dende o comezo da república, en 15 de novembro de 1889, excepto nun curto período en que vixiu o parlamentarismo, de 1961 ata 1963, cando era presidente João Goulart.

Algunhas observacións:

  • Un dos presidentes brasileiros, Francisco de Paula Rodrigues Alves, foi elixido en dúas ocasións, pero faleceu antes de asumir o goberno por segunda vez.
  • Outro dos presidentes, Getúlio Vargas, gobernou en dúas ocasións: na primeira, de 1930 ata 1945, como interventor e despois como ditador. Na segunda ocasión, de 1951 ata 1954, gobernou como presidente electo.
  • Un dos presidentes do Brasil foi electo pero non chegou a gobernar, pois foi deposto antes de asumir o poder, en 1930: Júlio Prestes.
  • Un presidente civil foi escollido polo Congreso pero non gobernou, pois adoeceu na véspera de asumir o poder: Tancredo Neves. Tancredo estivo doente de 14 de marzo ata 21 de abril de 1985 cando faleceu. No seu lugar, asumiu no día 15 de marzo de 1985 o vicepresidente escollido polo Congreso, José Sarney.
  • De 1 de abril de 1964 ata 15 de marzo de 1985 o Brasil foi gobernado por militares escollidos indirectamente polo Congreso. Era unha forma de disfrazar unha ditadura que existía na práctica, xa que moitos deputados e outros políticos tiveron os seus dereitos políticos suspensos neste período. O ciclo militar após 1964 encerrouse en 1985, cando un civil, Tancredo Neves, foi escollido como presidente, a pesar de non ter gobernado.
  • Dende 1989 as eleccións directas para presidente da república foron restabelecidas no Brasil. Foron elixidos directamente desde entón: Fernando Collor de Mello, Fernando Henrique Cardoso (reelixido para un segundo mandato) e Luiz Inácio Lula da Silva.
  • Fernando Collor de Mello, elixido en 1989 e que asumiu en 15 de marzo de 1990 foi o primeiro presidente do Brasil a sufrir proceso de impeachment (impedimento).
  • Dilma Rousseff foi a primeira presidente muller do Brasil, e tamén sufriu impeachment.
Os presidentes Itamar Franco, Lula da Silva, Fernando Henrique Cardoso e José Sarney na Cidade do Vaticano.

Esta é a lista dos presidentes do Brasil:

# PresidenteInicio do gobernoFin do gobernoVicepresidente(s)
1Deodoro da Fonseca15 de novembro, 188923 de novembro, 1891Floriano Peixoto
2Floriano Peixoto23 de novembro, 189115 de novembro, 1894-
3Prudente de Morais15 de novembro, 189415 de novembro, 1898Manuel Vitorino
4Campos Sales15 de novembro, 189815 de novembro, 1902Rosa e Silva
5Francisco de Paula Rodrigues Alves15 de novembro, 190215 de novembro, 1906Silviano Brandão/
Afonso Pena
6Afonso Pena15 de novembro, 190614 de xuño, 1909Nilo Peçanha
7Nilo Peçanha14 de xuño, 190915 de novembro, 1910
8Hermes da Fonseca15 de novembro, 191015 de novembro, 1914Venceslau Braz
9Venceslau Brás15 de novembro, 191415 de novembro, 1918Urbano Santos
-Francisco de Paula Rodrigues AlvesFoi elixido, pero faleceu antes de exercer o goberno por segunda vez.Delfim Moreira
10Delfim Moreira15 de novembro, 191828 de xullo, 1919-
11Epitácio Pessoa28 de xullo, 191915 de novembro, 1922Delfim Moreira/
Bueno de Paiva
12Artur Bernardes15 de novembro, 192215 de novembro, 1926Estacio Coimbra
13Washington Luís15 de novembro, 192624 de outubro, 1930Melo Viana
-Julio PrestesFoi deposto pola revolución de 1930 antes de exercer o goberno.Vital Soares
-Augusto Fragoso
Isaías de Noronha
Mena Barreto
24 de outubro de 19303 de novembro de 1930-
14Getúlio Vargas3 de novembro, 193029 de outubro, 1945-
15José Linhares29 de outubro, 194531 de xaneiro, 1946-
16Gaspar Dutra31 de xaneiro, 194631 de xaneiro, 1951Nereu Ramos
17Getúlio Vargas31 de xaneiro, 195124 de agosto, 1954Café Filho
18João Café Filho24 de agosto, 19549 de novembro, 1955-
19Carlos Luz9 de novembro, 195511 de novembro, 1955
20Nereu de Oliveira Ramos11 de novembro, 195531 de xaneiro, 1956
21Juscelino Kubitschek31 de xaneiro, 195631 de xaneiro, 1961João Goulart
22Jânio Quadros31 de xaneiro, 196125 de agosto, 1961João Goulart
23Ranieri Mazzilli25 de agosto, 19617 de setembro, 1961
24João Goulart7 de setembro, 19611 de abril, 1964
25Ranieri Mazzilli2 de abril, 196415 de abril, 1964
26Castelo Branco15 de abril, 196415 de marzo, 1967José Maria Alckmin
27Costa e Silva15 de marzo, 196731 de agosto, 1969Pedro Aleixo
- Aurélio de Lira Tavares

Augusto Rademaker Márcio de Sousa Melo

31 de agosto, 1969 30 de outubro, 1969
28Garrastazú Medici30 de outubro, 196915 de marzo, 1974Augusto Rademaker
29Ernesto Geisel15 de marzo, 197415 de marzo, 1979Adalberto Pereira dos Santos
30João Baptista Figueiredo15 de marzo, 197915 de marzo, 1985Aureliano Chaves
-Tancredo NevesPrimeiro civil escollido polo Congreso cando do fin do réxime militar, pero faleceu antes de exercer o goberno.José Sarney
31José Sarney15 de marzo, 198515 de marzo, 1990-
32Fernando Collor15 de marzo, 199029 de decembro, 1992Itamar Franco
33Itamar Franco 29 de decembro, 19921 de xaneiro, 1995-
34Fernando Henrique Cardoso1 de xaneiro, 19951 de xaneiro, 2003Marco Maciel
35Luiz Inácio Lula da Silva1 de xaneiro, 20031 de xaneiro, 2011José Alencar
36Dilma Rousseff1 de xaneiro, 201131 de agosto, 2016Michel Temer
37 Michel Temer 31 de agosto, 2016 1 de xaneiro, 2019 -
38 Jair Bolsonaro 1 de xaneiro, 2019 31 de decembro, 2022 Hamilton Mourão
39 Luiz Inácio Lula da Silva 1 de xaneiro, 2023 Geraldo Alckmin

Expresidentes vivos

[editar | editar a fonte]

Enlaces externos

[editar | editar a fonte]