Manuel Ferraz de Campos Sales

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Manoel Ferraz de Campos Salles")
Manuel Ferraz de Campos Sales
Campos Sales.jpg
Manuel Ferraz de Campos Sales
Presidente de Brasil
Período 15 de novembro de 1898 - 15 de novembro de 1902
Antecesor Prudente de Morais
Sucesor Rodrigues Alves
Datos persoais
Nacemento 15 de febreiro de 1841
Lugar Campinas, estado de São Paulo
Falecemento 28 de xuño de 1913
Lugar Santos, estado de São Paulo
Organización PRP (Partido Republicano Paulista)
Cónxuxe Ana Gabriela de Campos Salles
Profesión avogado e político

Manuel Ferraz de Campos Sales[1], nado en Campinas (estado de São Paulo) o 15 de febreiro de 1841 e finado en Santos o 28 de xuño de 1913, foi un avogado brasileiro e presidente do Brasil dende o 1898 ata 1902.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Elixiuse senador en 1890, pero renunciou ó cargo catro anos despois para concorrer ao goberno do estado de São Paulo. En 1898 elixiuse presidente da República. Naquel ano, a economía brasileira, basada na produción e exportación de café e caucho non ia ben. Salles xulgou que todos os problemas económicos debíanse á devaluación da moeda. Entón actuou en dúas frontes:

- desenvolveu a chamada politica dos gobernadores. A través desta, concedia favores ós estados, dende que os políticos daquel estado apoiasen no Congreso as accións do goberno central. A politica dos gobernadores tamén ficou coñecida no Brasil na época como politica café con leite, pois os principais estados envolvidos foron Sao Paulo e Minas Xerais (Nota: no Brasil actual, ese tipo de troco de favores entre políticos é coñecido como clientelismo politico). E,

- no plano exterior, estableceu un acordo con banqueiros ingleses, chamado funding loan. Con este acordo, suspendeu por 3 anos o pagamento dos intereses da débeda externa, e por 13 anos o pagamento da propia débeda. Os intereses uomaronse á débeda principal, e os pagamentos comezarian en 1911, co prazo de 63 anos para concluir o pagamento, e intereses de 5% ao ano. Os impostos das aduanas do Rio de Janeiro e de Santos ficarían hipotecados ós banqueiros ingleses, como garantía da débeda. Entón, libre do pagamento da débeda, pode fazer a súa política económica. Retirou unha parte do diñeiro en circulación e valorizou a moeda da época, o mil-réis de 48 mil-réis por libra esterlina para 14 mil-réis por libra-esterlina.

Presidente de Brasil

Segue a:
Prudente de Morais
Manuel Ferraz de Campos Sales
Precede a:
Rodrigues Alves
PRP (Partido Republicano Paulista)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. conforme a norma ortográfica da lingua portuguesa ata 1940, escribíase Manoel Ferraz de Campos Salles.