Deodoro da Fonseca
Deodoro da Fonseca | |
---|---|
![]() | |
1º Presidente do Brasil | |
Período | 15 de novembro de 1889 23 de novembro de 1891 |
Antecesor | ningún (monarquía) |
Sucesor | Floriano Peixoto |
Datos persoais | |
Nacemento | 5 de agosto de 1827 |
Santa Maria Madalena da Lagoa do Sul, Alagoas | |
Falecemento | 23 de agosto de 1892 |
Río de Xaneiro | |
Nai | Rosa Maria Paulina da Fonseca |
Cónxuxe | Mariana da Fonseca |
Alma máter | Academia Militar das Agulhas Negras |
Profesión | militar (mariscal) |
![]() | |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Manuel Deodoro da Fonseca, nado en Alagoas da Lagoa do Sul (Alagoas, actualmente Marechal Deodoro) o 5 de agosto de 1827 e finado en Río de Xaneiro o 23 de agosto de 1892, foi un político brasileiro, primeiro Presidente da República do Brasil.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Participou de varios eventos, destacouse na represión á Revolución Praieira, no cerco a Montevideo e en moitas batallas na Guerra da Tripla Alianza, progresando rapidamente na carreira militar grazas ás promocións como combatente. Foi Presidente da entón Provincia do Rio Grande do Sul.
Deodoro desagradou ao Imperio Brasileiro debido ás súas actitudes durante a chamada Cuestión Militar. Como castigo, foi enviado á entón Provincia de Mato Groso, baixo as ordes do coronel Cunha Matos.
Retornou ao Río de Xaneiro o 13 de setembro de 1889. Tivo un importante papel na revolución que derrubou a monarquía o 15 de novembro daquel ano.
Asumiu o cargo provisoriamente no mesmo día 15 de novembro de 1889. O novo goberno comezou traballando freneticamente emitindo varias leis. Tanto é así que, antes de que rematase 1889 todo o sistema político e administrativo da República xa estaba montado.
O Brasil tornouse unha república federal provisoria onde todos os homes brasileiros e alfabetizados pasaron a ter dereito ao sufraxio universal, o voto. Xurdiron tamén os actuais himno e bandeira do Brasil, coa frase Ordem e Progresso ("orde e progreso"), de inspiración positivista.
Deodoro foi elixido presidente o 25 de febreiro de 1891 polo Congreso Nacional brasileiro, con 129 votos. Prudente de Morais obtivo 97 votos. O seu mandato conseguiuno en gran parte grazas á presión de sectores militares (especialmente do exército), e contra a vontade do sector civil e de sectores dos militares.
Deodoro da Fonseca disolveu o Congreso o 3 de novembro de 1891, coa aprobación dunha lei que permitía o impeachment do Presidente.
O 23 de novembro de 1891 ocorreu o episodio da Revolta da Esquadra, cando o Almirante Custódio de Melo, a bordo do navío de guerra Riachuelo, ameazou bombardear a cidade do Río de Xaneiro, forzando a renuncia de Deodoro, que entregou o poder ó vicepresidente, Floriano Peixoto.
Illado, doente, Manuel Deodoro da Fonseca morreu no Río de Xaneiro, o 23 de agosto de 1892. Pediu que o enterrasen con roupas civís, o que non lle foi concedido: o seu enterro tivo toda a pompa e honras militares.
Presidente do Brasil | ||
---|---|---|
Segue a: Imperador Pedro II (monarquía) |
Deodoro da Fonseca | Precede a: Floriano Peixoto |
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Termo da Monarquía e proclamación da República - páxina do Exército Brasileiro
- A Invenção Republicana, Renato Lessa (Editora Vértice)
- Os Militares e a República, Celso Castro
- Deodoro: A Espada Contra o Império, Roberto Magalhães Júnior (Companhia Editora Nacional, 1957)