Artur da Costa e Silva
Artur da Costa e Silva | |
---|---|
![]() | |
Presidente do Brasil | |
Período | 15 de marzo de 1967 31 de agosto de 1969 |
Antecesor | Humberto de Alencar Castello Branco |
Sucesor | Emílio Garrastazu Médici |
Datos persoais | |
Nacemento | 3 de outubro de 1899 e 1902 |
Taquari | |
Falecemento | 17 de decembro de 1969 |
Río de Xaneiro | |
Organización | Aliança Renovadora Nacional - ARENA |
Cónxuxe | Iolanda Barbosa Costa e Silva |
Profesión | militar |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Arthur da Costa e Silva, militar (xeneral), foi o presidente de Brasil entre 1967 e 1969.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de comerciantes portugueses da Illa da Madeira, iniciou a súa carreira militar en Porto Alegre. En 1918 foi para a Escola Militar de Realengo, na cidade do Río de Xaneiro. Naquela cidade casou con Iolanda Barbosa Costa e Silva, filla dun militar.
En 1952 tornouse xeneral, atinxindo o posto máximo de Xeneral de Exército en 1961. Durante o goberno de João Goulart, participou da represión de movementos estudantís, e foi afastado do comando do IV Exército. Despois de 1963 participou da conspiración que derribou João Goulart a través dun golpe de estado e levou ó poder o mariscal Humberto de Alencar Castello Branco. No goberno deste, tornouse Ministro da Guerra e aliñouse cos militares da chamada "liña dura".
Tornouse candidato á sucesión de Castello Branco e foi elixido indirectamente (isto é, polo Congreso, sen a participación do pobo) como seu sucesor, asumindo o goberno o 15 de marzo de 1967.
Durante o seu goberno intensificáronse as manifestacións contra o réxime militar, principalmente de estudantes universitarios e de colexios, respondidas a través de máis endurecemento do réxime e represión.
O 31 de agosto de 1969 Costa e Silva sufriu un derramo cerebral e foi afastado do goberno. Finou 17 de decembro do mesmo ano.[1]
Presidente do Brasil | ||
---|---|---|
Segue a: Humberto de Alencar Castello Branco |
Artur da Costa e Silva | Precede a: Emílio Garrastazu Médici |
ARENA |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Presidência da República Federativa do Brasil - Galeria de Presidentes". Arquivado dende o orixinal o 29 de xullo de 2008. Consultado o 14 de marzo de 2009.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Artur da Costa e Silva ![]() |