João Café Filho

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
João Café Filho
Café Filho.jpg
João Fernandes Campos Café Filho
Presidente de Brasil
Período 24 de agosto de 1954
8 de novembro de 1955
Antecesor Getúlio Vargas
Sucesor Carlos Luz
Datos persoais
Nacemento 3 de febreiro de 1899
Lugar Natal, Rio Grande do Norte
Falecemento 20 de febreiro de 1970
Lugar Río de Xaneiro
Organización Partido Republicano Progressista - PRP
Cónxuxe Jandira Café
Profesión avogado e político

João Fernandes Campos Café Filho, nado en Natal o 3 de febreiro de 1899 e finado en Río de Janeiro o 20 de febreiro de 1970, foi un avogado e político brasileiro, presidente do seu país entre 1954 e 1955.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Traballou como xornalista e avogado durante a súa mocidade, habendo participado da Aliança Liberal na campaña de 1930. En 1933 fundou o Partido Nacionalista de Rio Grande do Norte, e algúns anos máis tarde, o Partido Republicano Progresista.

En 1934 e 1945 foi elixido deputado federal, e en 1950 foi candidato á vicepresidencia pola lista que encabezaba o antigo gobernante, Getúlio Vargas. Co suicidio de Vargas, na súa calidade de vicepresidente asumiu a presidencia da república o 24 de agosto de 1954, exercendo o cargo ata o 8 de novembro de 1955, cando foi afastado (a principio temporariamente e despois definitivamente) da presidencia por un movemento político-militar liderado polo xeneral Henrique Teixeira Lott, culminado no Movemento do 11 de novembro.

Foi ministro do Tribunal de Contas de Río de Janeiro, durante toda a década de 1960.

Café Filho, educado na Primeira Igrexa Presbiteriana de Natal, foi o primeiro presidente protestante de Brasil.

Presidente de Brasil

Segue a:
Getúlio Vargas
João Café Filho
Precede a:
Carlos Luz
Partido Republicano Progressista - PRP