Lei foral do éuscaro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Distribución por municipios das zonas vascófona, mixta e non vascófona.

A lei foral do éuscaro (en euskara: Euskararen Foru Legea, en castelán: Ley foral del vascuence) de 1986 regula o status do éuscaro nas administracións públicas e no ensino na Comunidade Foral de Navarra. A Lei foi aprobada polo Parlamento navarro e promulgada o 15 de decembro de 1986, desenvolvendo o artigo 9 da Lei Orgánica de Reintegración e Amelloramento do Réxime Foral de Navarra:

O éuscaro terá tamén carácter de lingua oficial nas zonas vascoparlantes de Navarra. Unha lei foral determinará devanditas zonas, regulará o uso oficial do éuscaro e, no marco da lexislación xeral do Estado, ordenará o ensino desta lingua.

Zonificación lingüística[editar | editar a fonte]

A lei foral do éuscaro debuxou un panorama legal lingüístico de Navarra estruturado entre unha zona de predominio lingüístico euscaldún (a Zona vascófona ou euscalduna) con dúas linguas cooficiais (éuscaro e castelán) e unhas zonas de predominio lingüístico castelanfalante (Zona Mixta e Non Vascófona) cun único idioma oficial (castelán), sendo que nunha destas dúas zonas castelanfalantes (Zona mixta) o éuscaro gozaría dun réxime especial que fomentara e promovera o seu uso.

Zona vascófona ou euscalduna[editar | editar a fonte]

Queda integrada polos municipios de: Abaurregaina, Abaurrepea, Altsasu, Anue, Araitz, Arantza, Arano, Arakil, Arbizu, Areso, Aria, Aribe, Arruazu, Auritz, Bakaiku, Basaburua, Baztan, Bera, Bertizarana, Betelu, Donamaria, Doneztebe, Etxalar, Etxarri Aranatz, Elgorriaga, Eratsun, Ergoiena, Erroibar, Esteribar, Ezkurra, Garaioa, Garralda, Goizueta, Hiriberri, Igantzi, Imotz, Irañeta, Ituren, Iturmendi, Labaien, Lakuntza, Lantz, Larraun, Leitza, Lesaka, Luzaide, Oitz, Olatzagutia, Orbaizeta, Orbara, Orreaga, Saldias, Sunbilla, Ultzama, Urdazubi, Urdiain, Urrotz, Uharte Arakil, Ziordia, Zubieta e Zugarramurdi. Posteriormente engadiríanse dous máis, procedentes da segregación de municipios pertencentes a devandita zona: Lekunberri e Irurtzun. En 2027 engadiuse tamén o concello de Atetz.

Zona mixta[editar | editar a fonte]

Queda integrada polos municipios de: Abartzuza, Agoitz, Antsoain, Aranguren, Artzi, Atarrabia, Atetz, Barañain, Bidankoze, Bidaurreta, Burgi, Burlada, Deierri, Eguesibar, Erronkari, Espartza-Zaraitzu, Etxarri, Etxauri, Ezkabarte, Ezkaroze, Garde, Gares, Gesalatz, Goñi, Gorza, Isaba, Itza, Itzaltzu, Jaitz, Jaurrieta, Lezaun, Lintzoain, Lizarra, Odieta, Olaibar, Ollaran, Oltza, Orontze, Orotz-Betelu, Otsagabia, Pamplona, Sartze, Txulapain, Uharte, Urzainki, Uztarroze, Zabaltza, Ziritza e Zizur Zendea. Posteriormente engadiríanse catro máis, procedentes da segregación de municipios pertencentes a devandita zona: Berriobeiti, Berriozar, Orkoien e Zizur Nagusia. En 2010 engadíronse tamén os de Aranguren, Belaskoain e Galar.

Zona non vascófona[editar | editar a fonte]

Queda integrada polo resto de municipios de Navarra.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]