Saltar ao contido

Lee Remick

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLee Remick

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento14 de decembro de 1935 Editar o valor en Wikidata
Quincy Editar o valor en Wikidata
Morte2 de xullo de 1991 Editar o valor en Wikidata (55 anos)
Brentwood Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro de ril
cancro de fígado Editar o valor en Wikidata
EducaciónBarnard College Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz, actriz de teatro, actriz de televisión, actor de xénero, actriz de cinema Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1953 Editar o valor en Wikidata - 1989 Editar o valor en Wikidata
Familia
NaiGertrude Margaret Remick Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm0001665 Allocine: 458 Rottentomatoes: celebrity/lee_remick Allmovie: p59559 96704 TV.com: people/lee-remick IBDB: 57475
BNE: XX1092572 Musicbrainz: d54f5575-74d4-41c8-8cd2-74e44d9dd89c Discogs: 2183621 WikiTree: Remick-147 Find a Grave: 7550 Editar o valor en Wikidata

Lee Ann Remick, nada en Quincy (Massachusetts) o 14 de decembro de 1935 e finada nos Ánxeles (California) o 2 de xullo de 1991, foi unha actriz estadounidense.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Despois de estudar danza, debutou no teatro e na televisión antes de dar o salto ao cine grazas a Elia Kazan, que a fixo aparecer en A Face in the Crowd (1957) xunto ao tamén debutante Andy Griffith. O seu aspecto sensual fixo que Remick fose a intérprete feminina revelación da tempada (chegou a aparecer na prensa como "a resposta americana" á francesa Brigitte Bardot), e este estado confirmouse ao final desa década coas súas actuacións en The Long, Hot Summer, de Martin Ritt (1958), Anatomía dun asasinato, de Otto Preminger (1959) e These Thousand Hills, de Richard Fleischer (1959).

En 1957 casou co produtor e director Bill Colleran con quen tivo dous fillos. Divorciáronse once anos despois.

Na década de 1960 demostrou o seu talento na interpretación con filmes como Río salvaxe (1960) con Montgomery Clift e dirixido por Elia Kazan, Días de viño e rosas (1962), unha filme sobre o alcoholismo coprotagonizado por Jack Lemmon e dirixido por Blake Edwards que lle valeu unha candidatura ao Óscar; Experiment in Terror (1962) tamén de Edwards e con Glenn Ford, The Running Man (1963) de Carol Reed, Wheeler Dealers (1963) de Arthur Hiller, Baby the Rain Must Fall (1965) de Robert Mulligan, The Detective (1968) de Gordon Douglas, ou No Way to Treat a Lady (1968) de Jack Smight.

Nesa década tamén volveu á pequena pantalla e aos escenarios de Broadway, onde brillou e foi recompensada cunha candidatura ao Premio Tony pola súa interpretación na obra Wait until Dark.[1]

A alternancia entre os medios continuou nos anos setenta, cando Lee aumentou as súas aparicións televisivas. No cine destacaron títulos como Ás veces unha grande noción (1971) de Paul Newman, The Omen (1976) de Richard Donner, Telefon (1977) de Don Siegel ou The Europeans (1979) de James Ivory.[2]

Durante os anos 80 e 90 continuou a traballar case exclusivamente en producións de televisión e ela mesma, xunto con Peter Duchow e James Garner, fundou a súa propia produtora en 1988.

Despois de divorciarse de Colleran en 1968, casou con William Rory Gowans en 1970, que quedou viúvo o 2 de xullo de 1991 cando a actriz de Massachusetts morreu de cancro nos Ánxeles. Só tiña 55 anos.

Filmografía

[editar | editar a fonte]
Ano Título Personaxe
1957A Face in the CrowdBetty Lou Fleckum
1958The Long, Hot SummerEula Varner
1959These Thousand HillsCallie
1959Anatomía dun asasinatoLaura Manion
1960Río salvaxeCarol Garth Baldwin
1961SanctuaryTemple Drake
1962Experiment in TerrorKelly Sherwood
1962Días de viño e rosasKirsten Arnesen Clay
1963The Running ManStella
1963The Wheeler DealersMolly Thatcher
1965Baby the Rain Must FallGeorgette Thomas
1965A batalla dos outeiros do whiskyCora Templeton Massingale
1968No Way to Treat a LadyKate Palmer
1968The DetectiveKaren
1969Hard ContractSheila Metcalfe
1970LootNurse Fay McMahon
1970A Severed HeadAntonia Lynch-Gibbon
1971Ás veces unha grande nociónViv Stamper
1973A Delicate BalanceJulia
1974Touch Me NotElanor
1975HennessyKate Brooke
1976The OmenKatherine Thorn
1977TelefonBarbara
1978The Medusa TouchDoctor Zonfeld
1979The EuropeansEugenia Young
1980The CompetitionGreta Vandemann
1980TributeMaggie Stratton
1988Emma's WarAnne Grange
  1. "Search Results: Lee Remick". Tony Awards. Arquivado dende o orixinal o 31 de agosto de 2016. Consultado o 26 de setembro de 2015.
  2. Smith, Cecil (30 de abril de 1979). "A Rush of Lee Remick on Television" Los Angeles Times: E1.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]