Carol Reed

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Carol Reed, nado en Londres o 30 de decembro de 1906 e finado na mesma cidade o 25 de abril de 1976 foi un director de cinema inglés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo ilexítimo dun actor e produtor, comezou unha carreira na interpretación sendo un adolescente, para logo traballar como axudante de director.

Comezou a ser recoñecido como director a partir de The Stars Look Down e durante a Segunda Guerra Mundial traballou como cineasta ao servizo do exército británico.

Ao remate da guerra dirixiu tres das súas películas máis célebres: Odd Man Out, The Fallen Idol e The Third Man, Palma de Ouro en Cannes. As dúas últimas foron realizadas a partir de guións de Graham Greene.

Nos Estados Unidos dirixiu películas como Trapeze e O tormento e a éxtase. En 1968 dirixiu o filme Oliver!, co que recibiu o oscar ó mellor director.

Obra[editar | editar a fonte]

  • 1935 - It Happened in Paris
  • 1935 - Midshipman Easy
  • 1936 - Laburnum Grove
  • 1937 - Talk of the Devil
  • 1937 - Who's Your Lady Friend?
  • 1938 - Penny Paradise
  • 1938 - Bank Holiday
  • 1939 - Climbing High
  • 1939 - A Girl Must Live
  • 1939 - The Stars Look Down
  • 1940 - Girl in the News
  • 1940 - Night Train to Munich
  • 1941 - Kipps
  • 1942 - A Letter from Home
  • 1942 - The Young Mr Pitt
  • 1943 - The New Lot
  • 1944 - The Way Ahead
  • 1947 - Odd Man Out
  • 1948 - The Fallen Idol
  • 1949 - The Third Man
  • 1952 - Outcast of the Islands
  • 1953 - The Man Between
  • 1955 - O neno e o unicornio
  • 1956 - Trapeze
  • 1958 - The Key
  • 1959 - Our Man in Havana
  • 1963 - The Running Man
  • 1965 - O tormento e a éxtase
  • 1968 - Oliver!
  • 1970 - Flap
  • 1972 - Follow Me!

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]