Wheeler Dealers é un programa da televisión británica producida por Attaboy TV para Discovery Channel, protagonizada por Mike Brewer (comercial) e o mecánico Edd China.
O programa estruturado como documental baséase na busca de coches de segunda man en Internet e poxas que son mercados por Mike Brewer e reparados e axustados polo mecánico Edd China. Cun orzamento axustado tentan gañar cartos dándolles aos coches unha nova xeira. Durante o programa visitan obradoiros de coches e persoas que traballan no sector mercando pezas e servizos que axuden a mellorar o coche e subir o prezo de venda. O mecánico Edd explica os pasos que segue para arranxar o coche e dá consellos de como melloralo. O coche xa arranxado ponse á venda nun anuncio, entrevistan os posibles compradores e tratan o prezo.
Mike Brewer traballou de comercial e coa súa experiencia no sector tenta acadar bos prezos.
Edd China é o mecánico na serie, dá consellos para mellorar o coche e de mantemento. Informa dos custos de cada traballo.
Paul Brackley é asesor técnico e sae de cando en vez na serie, aínda que o choio no obradoiro o fai Edd. El axuda en traballos concretos que non pode facer un só.