Robert Mulligan
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (en) Robert Patrick Mulligan 23 de agosto de 1925 Nova York |
| Morte | 20 de decembro de 2008 Lyme |
| Causa da morte | insuficiencia cardíaca |
| Educación | Universidade de Fordham |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Estados Unidos de América |
| Ocupación | director de cinema, produtor de cinema, realizador |
| Período de actividade | 1948 |
| Carreira militar | |
| Participou no conflito | Segunda Guerra Mundial |
| Premios | |
| |
Robert Mulligan, nado en Nova York o 23 de agosto de 1925 e finado en Lyme (Connecticut) o 20 de decembro de 2008 foi un director de cinema e televisión estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Mulligan estudou na Universidade de Fordham antes de servir como marine durante a segunda guerra mundial. Ao rematar a guerra conseguiu traballo no departamento editorial de The New York Times, mais deixouno para facer unha carreira na televisión.
Empregado pola CBS, comezou como mensaxeiro, aprendendo o oficio, e en 1948 xa dirixía programas importantes.
Debutou no cinema en 1957 con Fear Strikes Out, con Anthony Perkins. A principios da década de 1960 o seu colaborador Alan J. Pakula propúxolle dirixir To Kill a Mockingbird (1962), baseado na novela de Harper Lee.
En 1971 logrou un grande éxito comercial con Verán do 42, mais a partir da década de 1980 resultoulle máis complicado atopar traballo. O seu último filme foi Verán en Louisiana (1991), protagonizado pola debutante Reese Witherspoon.
Filmografía
[editar | editar a fonte]- Fear Strikes Out (1957)
- The Rat Race (1960)
- Cando chegue setembro (1961)
- The Great Impostor (1961)
- To Kill a Mockingbird (1962)
- The Spiral Road (1962)
- Love with the Proper Stranger (1963)
- A intimidade de Margarida Clover (1965)
- Baby the Rain Must Fall (1965)
- Up the Down Staircase (1967)
- A noite dos xigantes (1969)
- Verán do 42 (1971)
- Á procura da felicidade (1971)
- The Other (1972)
- The Nickel Ride (1974)
- Bloodbrothers (1978)
- Same Time, Next Year (1978)
- Kiss Me Goodbye (1982)
- Clara's Heart (1988)
- Verán en Louisiana (1991)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Robert Mulligan na IMDb (en inglés).