O Partido de Acción Popular (PAP, en inglés: People's Action Party; en chinés: 人民行动党, Rénmín Xíngdòngdǎng; en malaio: Parti Tindakan Rakyat; en támil: மக்கள் செயல் கட்சி, Makkaḷ Ceyal Kaṭci) é o partido político maioritario de Singapur dende 1959, onde non deixou nunca o goberno. Pese a ser hoxe un partido de tendencia máis conservadora, durante os seus inicios foi un partido con filiación comunista, chegando a ser perseguido polo goberno.