Lantana camara

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Lantana camara é un arbusto do xénero Lantana. É nativa das rexións tropicais de América. Está incluída na lista 100 das especies exóticas invasoras máis daniñas do mundo da Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Utilízase como planta ornamental e para formar valos vivos. En Galicia está catalogada como especie exótica invasora.

Froitas inmaturas e maduras.
L. camara var. flava: flores soamente amarelas.
L. camara var. victoria: flores brancas, con limbo central amarelo.
L. camara var. sanguinea: flores de cor amarela azafrán, tornándose vermellas brillantes e coexistindo na mesma cima.
L. camara var. mutabilis: flores que abren esbrancuxadas e tornan ao amarelo e ao rosa liláceo, coexistindo na mesma cima.
Gomos floríferos de L. camara var. sanguinea.

Descrición[editar | editar a fonte]

É un arbusto perennifolio de follaxe caducifolia; de rápido crecemento, pode alcanzar até 2,5 m de altura. Porte erecto ou sub-erecto, ás veces rubideiro. Ramifícase abundantemente desde a base, con ramas cuadrangulares, hirsutas, ás veces con pequenos aguillóns.

As follas, de entre 2-12 por 2-6 cm, son simples, opostas, pecioladas, ovado a oblongas; base subcordada; acuminadas no ápice; de bordo dentado; ásperas e rugosas na face; de cor verde clara a amarelada.

Inflorescencias en capítulos planos con pequenas flores (4 cm) de corola tubulosa, zigomorfa, con ovario súpero bilocular de cor branca, amarela, laranxa, rosa ou malva; adoitan cambiar de tonalidade a medida que maduran.

O froito é unha drupa de 5 mm de diámetro carnosa, esférica, de cor verde, a púrpura ou negra azulada brillante ao madurar, con dúas sementes. Frutifica no verán e outono mentres continúa en flor. A floración esténdese dende a primavera até os primeiros fríos nas zonas tépedas.[1]

Distribución[editar | editar a fonte]

É nativa das rexións tropicais de América e naturalizouse amplamente por todas as rexións tropicais e subtropicais, estendéndose tamén por Australia, Suráfrica e sur de Europa.[1]

É unha especie moi adaptable, que pode habitar unha ampla variedade de ecosistemas, unha vez que se introduciu nun hábitat propágase rapidamente; entre os 45° N e 45° S e máis de 1400 m s. n. m. de altitude.[1]

Ecoloxía[editar | editar a fonte]

Impacto ecolóxico[editar | editar a fonte]

Considérase unha especie invasora en moitas zonas tropicais e cubriu grandes áreas da India, así como Australia e boa parte de África.[2] Coloniza novas zonas cando as súas sementes son dispersadas polas aves. Unha vez que chega a unha zona propágase tan rapidamente que os esforzos por erradicala fracasaron completamente. É resistente ao lume, e medra rapidamente colonizando as zonas queimadas. Chega a ser unha praga agrícola.[3][1] Converteuse nun grave obstáculo para a rexeneración natural de importantes especies nativas, incluída Shorea robusta no sueste de Asia, así como diferentes especies noutros 22 países. Nos invernadoiros, é moi propensa a atraer a mosca branca.[4]

Aínda que se considera unha praga en Australia, ofrece refuxio contra os depredadores ás especies nativas de marsupiais e un hábitat para os grupos vulnerables das abellas nativas, Exoneura, que aniñan no interior dos talos. As súas flores producen abundante néctar, característica moi atractiva para especies de colibrí e bolboretas.[5]

En Suráfrica prohibiuse a súa plantación en xardíns, para evitar a súa propagación excesiva.[1]

A inxestión da planta é nociva para os animais.[4] As bagas son comestibles cando están maduras aínda que, do mesmo xeito que moitas outras froitas son levemente venenosas para os seres humanos e o gando cando aínda están verdes. Incluíuse na categoría de "especies invasoras tóxicas" en Florida, e constitúe unha ameaza en Texas e Hawai.[4]

Nas illas Galápagos considérase unha especie invasora.[6]

En Galicia está catalogada como especie exótica invasora.[7]

Naturalización[editar | editar a fonte]

Esta especie naturalizouse en zonas tropicais e rexións cálidas de todo o mundo. No altiplano de Kenya medra en moitas áreas que reciben mesmo cantidades mínimas de precipitacións. Pódese atopar ao longo de carreiros, campos abandonados, e explotacións agrícolas. Tamén se naturalizou tanto en Estados Unidos como en México —fóra das zonas áridas, ten unha distribución ampla. Tanto pola vertente do golfo de México como pola do Pacífico—, en particular nas chairas costeiras do Atlántico, dende Florida a Xeorxia, onde o clima é semellante ao do seu hábitat nativo, con alta humidade e calor.[8]

Domesticación[editar | editar a fonte]

Converteuse nunha especie popular en xardíns, pola súa natureza resistente. Non se ve afectada por pragas ou enfermidades, ten unha baixa demanda de auga, e soporta a calor extrema. É unha especie favorita para as bolboretas, e utilízase nos xardíns de bolboretas nos Estados Unidos.[Cómpre referencia]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Lantana camara foi descrita por Carl von Linné e publicada en Species Plantarum 2: 627. 1753.[9]

Sinonimia
  • Camara vulgaris Benth. (1846).
  • Lantana urticifolia Mill. (1768).
  • Lantana mixta Medik. (1775).
  • Lantana sanguinea Medik. (1775).
  • Lantana crocea Jacq. (1804).
  • Lantana suaveolens Desf. (1829), nom. illeg.
  • Lantana coccinea Lodd. ex G.Don in J.C.Loudon (1830), nom. nud.
  • Lantana antillana Raf. (1838).
  • Lantana undulata Raf. (1838).
  • Lantana moritziana Otto & A.Dietr. (1841).
  • Lantana asperata Vis. (1842).
  • Lantana viburnoides Blanco (1845)
  • Lantana annua C.B.Clarke in J.D.Hooker (1885), nom. inval.
  • Camara × aculeata f. crocea (Jacq.) Kuntze (1891).
  • Camara × aculeata f. sanguinea (Medik.) Kuntze (1891).
  • Camara × aculeata var. subinermis Kuntze (1891).
  • Lantana × aculeata f. crocea (Jacq.) Voss (1894).
  • Lantana × aculeata var. subinermis (Kuntze) Voss (1894).
  • Camara × aculeata f. obtusifolia Kuntze (1898).
  • Camara × aculeata f. varia Kuntze (1898).
  • Lantana glandulosissima Hayek (1906).
  • Lantana glandulosissima f. aculeatissima Hayek (1906).
  • Lantana crocea var. guatemalensis Loes. (1911).
  • Lantana glandulosissima f. albiflora Moldenke (1973).
  • Lantana moritziana f. parvifolia Moldenke (1973).
  • Lantana glandulosissima f. flava Moldenke (1980).
  • Lantana glandulosissima f. parvifolia Moldenke (1981).
  • Lantana arida var. portoricensis Moldenke (1982).
  • Lantana arida var. sargentii Moldenke (1982).
  • Lantana glandulosissima var. grandis Moldenke (1982).
  • Lantana urticifolia subsp. portoricensis (Moldenke) R.W.Sanders (1987).
  • Lantana urticifolia subsp. moldenkei R.W.Sanders (1989).
  • Lantana glandulosissima f. sargentii (Moldenke) I.E.Méndez (2002).
  • Lantana aculeata.
  • Lantana armata.
  • Lantana glutinosa (Poepp.).
  • Lantana scabrida Sol. in Aiton [1789].
  • Lantana polyacantha Schau ex A.DC. in DC. .
  • Lantana mutabilis Weigel [1776].
  • Lantana mutabilis Salisb. [1796].
  • Lantana antillana Raf. [1838].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Lantana camara (lantana)" (en inglés). Consultado o 27 de outubro de 2020. 
  2. New South Wales National Parks and Wildlife Service (2007). "Lantana - fact sheet" (en inglés). Department of Environment and Climate Change - NSW. Arquivado dende o orixinal o 3 de setembro de 2007. Consultado o 19 de setembro de 2007. 
  3. Hiremath, Ankila; Bharath Sundram. (2005). The Fire-Lantana Cycle Hypothesis in Indian Forests. Conservation and Society. Arquivado dende o orixinal |url= incorrecto (Axuda) o 25 de xullo de 2013. Consultado o 26 de agosto de 2023. 
  4. 4,0 4,1 4,2 "Copia archivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de setembro de 2018. Consultado o 25 de abril de 2009. 
  5. M. Carman, Ernesto. "Lantana o Cinco negritos" (PDF). Consultado o 2021-07-13. 
  6. "Galapagos Islands" (en inglés). Consultado o 27 de outubro de 2020. 
  7. Fichas identificativas de Especies exóticas invasoras
  8. "Enciclovida". 
  9. "Lantana camara". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 23 de marzo de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]