Alphonse Pyrame de Candolle

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alphonse Pyrame de Candolle
Nome completoAlphonse-Louis-Pierre-Pyramus de Candolle
Nacemento27 de outubro de 1806 e 28 de outubro de 1806
Lugar de nacementoParís
Falecemento4 de abril de 1893
Lugar de falecementoXenebra
SoterradoCemetery of Chêne-Bougeries‎
NacionalidadeFrancia, Republic of Geneva e Suíza
Alma máterUniversidade de Xenebra
Ocupaciónbotánico, profesor universitario e entomólogo
PaiAgustin Pyramus de Candolle
NaiAnne Françoise de Candolle (nada Torras)
CónxuxeJeanne-Victoire-Laure Kunkler
FillosAnne Casimir Pyrame de Candolle
OrganizaciónUniversidade de Xenebra
PremiosCabaleiro da Lexión de Honra, Medalla linneana, Orde do Mérito das Ciencias e as Artes, Foreign Member of the Royal Society e Fellow of the American Academy of Arts and Sciences
Na rede
WikiTree: De_Candolle-5
editar datos en Wikidata ]

Alphonse Louis Pierre Pyrame de Candolle, nado en París o 28 de outubro de 1806 e finado en Xenebra o 4 de abril de 1893, foi un botánico suízo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo do tamén botánico Augustin Pyrame de Candolle, inicialmente dedicouse aos estudos xurídicos, aínda que pronto os abandonou para dedicarse á botánica, seguindo os pasos de seu pai. Ao terminar os seus estudos conseguiu o posto de profesor de Historia Natural na Universidade de Xenebra e de director do Xardín botánico desa cidade. Sucedeu ao seu pai na cátedra de Historia Natural da Universidade de Xenebra.

Publicou unha serie de traballos botánicos, incluíndo a continuación do Prodromus systematis naturalis, iniciada polo seu pai e que continuou redactando despois da súa morte en 1841, en colaboración co seu fillo, Casimir de Candolle. Na súa versión final, o texto comprende máis de 90 000 especies.

Estudou a orixe das plantas cultivadas e a importancia dos factores ambientais no desenvolvemento dos organismos vivos. Dedicouse tamén á fixación das normas internacionais da nomenclatura botánica.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Origine des plantes cultivées, 1882
  • Origines des plantes cultivées. 1883
  • La phytographie, ou l’art de décrire les végétaux considérés sous différents points de vue. 1880
  • Existe-t-il dans la végétation actuelle des caractères généraux et distinctifs qui permettraient de la reconnaître en tous pays si elle devenait fossile? 1875
  • Histoire des sciences et des savants depuis deux siècles. 1872
  • Lois de la nomenclature botanique adoptées par le Congrès international de botanique tenu à Paris en août 1867... Xenebra e Basilea: H. Georg; París: J.-B. Baillière et fils, 1867
  • Mémoires et souvenirs de Augustin-Pyramus de Candolle, écrit par lui-même et publiées par son fils (Con Augustin Pyrame de Candolle). 1862
  • On the causes which limit vegetable species towards the north, in Europe and similar regions. Annual Report of the Board of Regents of the Smithsonian Institute. pp. 237–245 1859
  • Géographie botanique raisonnée. 1856
  • Géographie botanique raisonnée ou exposition des faits principaux et des lois concernant la distribution géographique des plantes de l’époque actuelle. París: V. Masson; Xenebra: J. Kessman, 1855
  • Prodromus Systematis Naturalis Regni Vegetabilis. Volumes 7 a 17. 1844-1873
  • Monographie des Campanulées. París: Veuve Desray, 1830

Honores[editar | editar a fonte]

Condecoracións[editar | editar a fonte]

Eponimia[editar | editar a fonte]

Xénero
Especie

Abreviatura[editar | editar a fonte]

A abreviatura A.DC. emprégase para indicar a Alphonse Pyrame de Candolle como autoridade na descrición e clasificación científica en botánica.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Fl. Ind. [Hooker f. & Thomson] i. 152 1855 (IK).
  2. Bull. Mus. Natl. Hist. Nat. xv. 29 1909 (IK).
  3. A.DC. – Alphonse Louis Pierre Pyramus de Candolle (1806-1893) no IPNI.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]