Lakota

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lakota
[[Ficheiro:Pine Ridge Flag.svg Lakota portraits.jpg|200px]]
Retratos de lakota.
Poboación
Poboación total:
55.000 en reservas (anos 1990)[1]
103.255 autoidentificados no censo de 1990[1]
Rexións principais:
Aspectos culturais
Relixión Relixión tribal tradicional, Danza do Sol,
Native American Church, Cristianismo
Grupos
relacionados
Outros membros do Oceti Sakohowin (Santee, Sisseton Wahpeton Oyate, Yankton, Yanktonai)[2]

Os Lakota, tamén coñecidos como Teton, Titunwan ("habitantes da pradeira"),[1] Teton Sioux ("serpe, ou inimigo") son un pobo nativo de Norteamérica. Son parte dunha confederación de sete tribos Sioux relacionadas, a Očhéthi Šakówiŋ ou sete lumes do consello, e falan a lingua lakota, un dos tres grandes dialectos da lingua sioux.

Os lakota son os máis occidentais dos tres grupos linguísticos das linguas siouan, ocupando terras en Dacota do Norte e Dacota do Sur. As sete bandas ou "sub-tribos" dos lakota son:

Distribución tradicional dos pobos siouan (verde escuro) e actuais reservas (laranxa).
  • Sičháŋǧu (Brulé, "coxas queimadas")[1]
  • Oglála ("They Scatter Their Own")[1]
  • Itázipčho ("Sen arcos")[1]
  • Húŋkpapȟa ("Aldea final"),[1]
  • Mnikȟówožu ("Planta á beira do arroio"),[1]
  • Sihásapa ("Pés negros")[1]
  • Oóhenuŋpa ("Dúas teteiras")[1]

Membros notables dos lakota son Tȟatȟáŋka Íyotake (Touro Sentado) dos Húnkpapȟa; Maȟpíya Ičáȟtagya (Touch the Clouds) dos Miniconjou; Tȟašúŋke Witkó (Cabalo Tolo), Maȟpíya Lúta (Nube Vermella), Heȟáka Sápa (Black Elk), Siŋté Glešká (Spotted Tail), e William Mills dos Oglala.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 1,9 Pritzker 329
  2. Pritzker, 328

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]