Kurt Kuhnke

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaKurt Kuhnke

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento30 de abril de 1910 Editar o valor em Wikidata
Szczecin, Polonia Editar o valor em Wikidata
Morte8 de febreiro de 1969 Editar o valor em Wikidata (58 anos)
Braunschweig, Alemaña Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de Fórmula Un , piloto de motociclismo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor em Wikidata

Kurt Kuhnke, nado en Stettin o 30 de abril de 1910 e finado en Braunschweig o 8 de febreiro de 1969, foi un piloto de automobilismo e motociclismo alemán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Logo de competir coas motocicletas a finais dos anos 40, Kurt pasouse ás carreiras de automóbiles cun Fórmula 3 Cooper 500 co que correu regularmente nos anos cincuenta con varias vitorias e bos finais. Tamén competiu nalgunhas carreiras de Fórmula Júnior e Fórmula 2 antes de que finalmente se mudase a Fórmula Un, non conseguiu cualificar o Lotus 18 de Wolfgang Seidel na carreira fóra de campionato do Gran Premio de Pau de 1962 antes de retirarse co mesmo coche do Gran Premio de Solitude de 1962 por unha falla no motor. A primeira aparición do seu Lotus con motor Borgward atrasouse por culpa dos problemas na adaptación do motor e Kuhnke perdeu catro carreiras, empezando a correr na segunda metade da tempada de 1962. Este motor era unha vella unidade de Sports Car, equipado con cámaras dobres e inxección directa de combustible.[1]

En 1963, Kuhnke non conseguiu cualificar o seu Lotus BKL no Gran Premio de Roma, xunto co seu compañeiro de equipo Ernst Maring, e os dous coches sufriron fallos de motor no Solitude Grand Prix en xullo. A súa única participación no Mundial de Fórmula 1 foi no Gran Premio de Alemaña de 1963 onde non conseguiu cualificar por unha marxe considerable. O Lotus BKL era simplemente un Lotus común, lixeiramente modificado por Kuhnke, as iniciais para Borgand Kuhnke Lotus.

Logo disto, retirouse do Kanonloppet no Circuíto de Karlskoga en Suecia con problemas de inxección de combustible, antes de afastarse da Fórmula Un como piloto. Posteriormente presentou dous coches Lotus BKL no Solitude Grand Prix de 1964 para Maring e o piloto alemán de helicópteros Joachim Diel. O coche de Diel foi un dos sete eliminados en accidentes debidos a chuvia na primeira volta, pero Maring conseguiu terminar 10º e último, a catro voltas no líder, foi a única ocasión en que un dos vehículos de Kuhnke rematou unha carreira de Fórmula Un.

Resultados Completos na Fórmula Un[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Pos. Puntos
1962 Kurt Kuhnke Lotus 18 Borgward 4 en liña NED MON BEL FRA GBR ALE ITA
NCG
USA RSA NC 0
1963 Kurt Kuhnke BKL Lotus 18 Borgward 4 en liña MON BEL NED FRA GBR ALE
NSC
ITA USA MEX RSA NC 0

Fora do campionato[editar | editar a fonte]

(clave)

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20
1962 Autosport Team Wolfgang Seidel Lotus 18 Climax 4 en liña CAP BRX LOM LAV GLV PAU
DNQ
AIN INT NAP MAL CLP RMS SOL
Ret
Kurt Kuhnke Borgward 4 en liña KAN
DNA
MED
NCG
DIN
NCG
OUL MEX RAN NAT
1963 Kurt Kuhnke BKL Lotus 18 Borgward 4 en liña LOM GLV PAU IMO SYR AIN INT ROM
NSC
SOL
Ret
KAN
Ret
MED AUT OUL RAN

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Johansson, Lars-Erik (setembro de 1962). "Kanonloppet". Illustrerad Motor Sport (en Swedish) (Lerum, Sweden) (9): 11. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • "The Grand Prix Who's Who", Steve Small, 1995.
  • "The Formula One Record Book", John Thompson, 1974.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]