Saltar ao contido

Kuman Santiso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaKuman Santiso
Nome orixinalMiguel Ángel Santiso Mosquera
Biografía
Nacemento14 de setembro de 1991 Editar o valor en Wikidata (35 anos)
A Coruña Editar o valor en Wikidata
Altura1,72 m.
Actividade
Ocupaciónfutbolista, xogador de fútbol praia Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoLateral esquerdo

FIFA: 298192 Editar o valor en Wikidata

Miguel Ángel Santiso Mosquera, coñecido como Kuman, nado na Coruña o 14 de setembro de 1991, é un xogador de fútbol, fútbol sala e fútbol praia galego, que xoga no Napoli da Serie A italiana de fútbol praia. Foi catro veces campión de Europa e unha vez subcampión do mundo coa selección española de fútbol praia, coa que debutou con só 16 anos.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Afeccionado ao FC Barcelona, durante a súa infancia comezou a ser alcumado polos seus amigos como "Kuman", por causa dunha camiseta do futbolista Ronald Koeman que usaba continuamente.[1]

Xogou ao fútbol nas canteiras do Ural, o Orillamar, o Calasanz e o Racing de Ferrol, e nos seguintes anos vestiu as camisetas do Betanzos, o Dubra, o Sporting Sada, o Montañeros, o Boiro, o Miño e o Laracha. Ademais xogou ao fútbol sala no Mera FS de Oleiros e tamén en Italia, no Pordenone e no Active Network.[2]

Con todo, foi no fútbol praia onde destacou especialmente. Debutou coa selección española con só 16 anos, na Copa do Mundo de 2007 celebrada no Río de Xaneiro, compartindo equipo cos tamén galegos Amarelle, Nico Alvarado e Roberto Valeiro.[3] En 2010 fichou polo Milano, co que conquistou tanto a liga como a Copa de Italia de fútbol praia. A súa carreira na area continuou en ata sete países diferentes durante os seguintes anos, pasando polas filas do Santos,[4] o Macabbi Netanya, o Vitória, o Alanyaspor, o Chaves, o Marbella, o Grande Motte Pyramide, o Melistar, o Levante e o Napoli.

En 2008 gañou en Bakú o seu primeiro Campionato Europeo coa selección española, repetindo título nas edicións de 2009 en Roma e de 2014 de novo en Bakú. En 2013 disputou en Papeete a final da Copa do Mundo contra Rusia, caendo por 1-5.[5] Deixou a selección en 2016, pola dificultade de compatibilizala coas ligas nacionais, co seu traballo e coa súa familia, pero regresou ao combinado en 2022.[6] No 2023 participou coa selección española nos Xogos Europeos celebrados en Polonia, onde conseguiu a medalla de bronce.[7]

En 2024 conseguiu o pase á Copa do Mundo de 2025 nas Seychelles.[1] Xa no propio torneo, marcou un gol ante ante Chile na fase de grupos, pero o seu equipo caeu eliminado nos cuartos de final contra o Brasil, equipo que acabou proclamándose campión.[8] Ese mesmo ano disputou a Euro Beach Soccer League, acadando a final, na que a selección española perdeu ante Italia. Ao ano seguinte disputou de novo a competición europea, anotando seis goles e proclamándose campión. Ademais marcou un dos goles da final da División A contra Portugal e anotou o lanzamento decisivo na quenda de penaltis, despois de que o tempo regulamentario rematase con 5-5.[9] Na gran final contra a anfitrioa, Italia, contribuíu a romper unha seca de 20 anos da selección española nesta competición.[9]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Fóra do fútbol traballa no negocio da súa familia, unha pizzería situada en Novo Mesoiro, na Coruña.[3] É curmán do gardameta de fútbol Ian Mackay, xogador entre outros do Deportivo da Coruña e co que coincidiu durante a súa etapa no Ural.[10]

  1. 1 2 "Kuman Santiso: «Era imposible compaginar el deporte de alto nivel con mi carrera laboral y familiar»". La Voz de Galicia (en castelán). 4 de novembro de 2024. Consultado o 16 de abril de 2025.
  2. ↑ "El internacional español Kuman Santiso ficha por el nuevo proyecto del Mera FS" (en castelán). 17 de outubro de 2014. Consultado o 5 de xaneiro de 2024.
  3. 1 2 Varela, Miguel (30 de agosto de 2016). "El gladiador de la arena gallega". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 5 de xaneiro de 2023.
  4. ↑ "Kuman, el gallego que lidera el Santos FC." (en castelán). 4 de maio de 2012. Consultado o 5 de xaneiro de 2024.
  5. ↑ Gómez, Pablo (4 de outubro de 2013). "Nico y Kuman: «Ni aunque ganásemos el oro podríamos vivir de esto»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 5 de xaneiro de 2024.
  6. ↑ Miranda, Carlos (de setembro de 2022). "Kuman se da una segunda oportunidad". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 16 de abril de 2025.
  7. ↑ "El coruñés Kuman Santiso, bronce en los Juegos Europeos". La Opinión A Coruña (en castelán). 2 de xullo de 2023. Consultado o 5 de xaneiro de 2024.
  8. ↑ "Brasil 6-0 España". FIFA (en inglés). Consultado o 6 de outubro de 2026.
  9. 1 2 "Kuman Santiso se corona campeón de Europa de fútbol playa y rompe una sequía de veinte años" (en castelán). 16 de set. de 2026. Consultado o 6 de outubro de 2026.
  10. ↑ Miranda, Carlos (28 de agosto de 2021). "Ian Mackay y la portería de su vida". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 6 de decembro de 2023.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]