Nico Alvarado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nico
Información persoal
Nome Nicolás Alvarado Caporale
Nacemento 24 de xullo de 1976
Lugar de nacemento Buenos Aires
Altura 1,70 m.
Posición Dianteiro
Carreira xuvenil
Orillamar
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
–1998 Orillamar
1998–2002 Malpica
2002–2005 Orillamar
2006–2009 Sporting Universidade
2006–2010 Milano (fútbol praia)
2009–2011 Carnota
2011–2015 FC Barcelona (fútbol praia)
Selección nacional
1998–2015 España (fútbol praia)
2008–2016 Galicia (fútbol praia)
Adestrador
2017– Belarús (fútbol praia)
Na rede
FIFA: 262539 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Nicolás Alvarado Caporale, coñecido como Nico, nado en Buenos Aires o 24 de xullo de 1976, é un adestrador e ex xogador de fútbol e fútbol praia galego. É un dos xogadores máis destacados da historia da selección española de fútbol praia, na que sucedeu a Amarelle como capitán, e coa que disputou sete Campionatos do Mundo. Gañou tres Eurocopas, sendo elixido mellor xogador en dúas delas, e cinco Ligas Europeas, así como o Mundialito de 2013.

Dende 2017 adestra a selección de Belarús.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Orixes[editar | editar a fonte]

Aínda que naceu en Buenos Aires viviu na Coruña dende que tiña un ano e medio, pois seu pai, un músico da canción protesta, tivo que exiliarse durante a ditadura militar.[1][2]

No fútbol[editar | editar a fonte]

Formouse como futbolista no Orillamar, no que xogou dende as categorías inferiores ata o equipo de modestos.[3] No verán de 1998 fichou polo Malpica de José Luis Vara, co que conseguiu o ascenso a Rexional Preferente no seu primeiro ano e á Terceira División no segundo.[4][5] No 2002 deixou o Malpica e volveu ao Orillamar,[6] no que xogou ata 2005.

Dende 2006 a 2009 xogou co Sporting Universidade, co que ascendeu á Segunda Rexional.[7] No verán de 2009 fichou pola UD Carnota, da Liga da Costa, na que militou ata 2011.[8]

No fútbol praia[editar | editar a fonte]

Milano[editar | editar a fonte]

Comezou a xogar ao fútbol praia na praia de Riazor e gañou o torneo que se disputaba no areal coruñés a finais dos anos 90. As súas boas actuacións alí fixeron que fora convocado para a selección española, coa que debutou nun torneo en Iugoslavia en 1998.[4] Con todo, a falta de equipos e competicións deste deporte fixo que non entrase nun club de fútbol praia ata 2006, cando fichou xunto a Amarelle polo Milano Beach Soccer, de Milán.[9]

En xullo conquistou na localidade de Vasto, á beira do Adriático, a Copa Italia, o primeiro título na historia do club lombardo. O título chegou despois de derrotar na final ao Catania por 7-6, anotando un dos goles da final, e sendo elixido mellor xogador da competición.[10][11] Un mes despois en Catanzaro, gañou tamén a Serie A, vencendo na final ao Friulpesca Udine por 7-2, anotando de novo un dos sete goles.[12] Revalidou ambos títulos en 2007, despois de gañar na final da Copa ao Cavalieri del Mare Viareggio (5-2) e na da Serie A ao Coil Lignano Sabbiadoro (3-3 e 6-5 na quenda de penaltis).[13][14]

Tras non conseguir ningún título en 2008, ao ano seguinte o equipo volveuse proclamar campión da Copa nunha trepidante final baixo a choiva contra o Viareggio que finalizou con empate a nove goles no tempo regulamentario, o primeiro deles de Nico. Na quenda de penaltis, o portugués Madjer errou o lanzamento do equipo toscano, mentres que Amarelle anotou o seu, dándolle así a terceira Copa ao Milano.[15] Na Serie A o equipo milanés chegou tamén á final, onde se enfrontou ao Napoli, capitaneado por Diego Armando Maradona Junior, gañando finalmente os napolitanos por 6-5.[16] No 2010 sumou tres novos títulos ao seu palmarés, na campaña máis triunfante da historia do Milano, conquistando a Serie A, a Copa e a Supercopa.[17][18][19]

FC Barcelona[editar | editar a fonte]

En marzo de 2011 foi incorporado polo FC Barcelona para a súa nova sección de fútbol praia dirixida por Amarelle.[20][21] En marzo disputou en São Paulo a primeira Copa Mundial de Clubs.[22] Aínda que pasaron a fase de grupo como primeiros, caeron nos cuartos de final fronte ao Sporting de Lisboa.[23] A historia repetiuse ao ano seguinte, pasando como primeiros de grupo e caendo de novo ante o Sporting,[24] mentres que no 2013 non conseguiron pasar da fase de grupos.

Na edición de 2015, celebrada no Río de Xaneiro, o Barcelona foi primeiro de grupo, nas semifinais eliminou ao Al-Ahli emiratí na quenda de penaltis, e na final proclamouse campión do mundo vencendo tamén nos penaltis ao Vasco da Gama brasileiro.[25]

Selección española[editar | editar a fonte]

No momento da súa chegada á selección española, en 1998, esta estaba formada case totalmente por ex futbolistas retirados como Quique Setién, Abel Resino ou Emilio Butragueño, pero foise especializando co paso dos anos.

Nico xunto aos seus compañeiros da selección galega en 2008.

Coa selección liderada por Amarelle, e con numerosos galegos como Roberto Valeiro, gañou durante a seguinte década e media tres Eurocopas e cinco Ligas Europeas, así como o Mundialito de 2013. Ademais foi elixido mellor xogador nas Eurocopas de 2008 e 2009, en Bakú e Roma respectivamente.[26][27] Disputou sete Mundiais, sendo o xogador da selección española con máis participacións, e chegou a tres finais (2003, 2004 e 2013), perdendo as dúas primeiras contra o Brasil e a terceira contra Rusia.[28]

En 2015 participou coa selección nos Xogos Europeos de Bakú, onde España quedou eliminada na primeira fase. Foi o capitán da selección española dende a marcha de Amarelle en 2013 e deixouna en 2015 despois do seu sétimo Mundial, en Espinho.[29][1]

Selección galega[editar | editar a fonte]

Xogou tamén coa selección galega, dende a súa creación en 2008.[30][31]

Como adestrador[editar | editar a fonte]

En 2017 converteuse no adestrador da selección de Belarús, á que dirixiu no Mundial de 2019 no Paraguai.[32][33] Foi nomeado pola BSWW ao premio ao mellor adestrador do 2019, quedando finalmente segundo nas votacións, por detrás de Gilberto Costa.[34][35]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Milano Beach Soccer

FC Barcelona

Selección española[editar | editar a fonte]

Premios individuais

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Sánchez, Guillermo (8 de novembro de 2019). "El hombre que llevó Riazor a Bielorrusia". Marca (en castelán). Consultado o 6 de maio de 2021. 
  2. Gómez, Pablo (4 de outubro de 2013). "Nico y Kuman: «Ni aunque ganásemos el oro podríamos vivir de esto»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 6 de maio de 2021. 
  3. "Entrevista a Nico" (en castelán). 28 de xullo de 2011. Consultado o 6 de maio de 2021. 
  4. 4,0 4,1 "El pub El Feudo, campeón nacional en Alicante". La Voz de Galicia (en castelán). 29 de xullo de 1998. p. 52. 
  5. "El Malpica festejará por todolo alto el título y el ascenso". La Voz de Galicia (Carballo ed.). 23 de abril de 2000. p. 41. 
  6. "El joven delantero Rogelio cubre el puesto de Nico". La Voz de Galicia (en castelán) (Carballo ed.). 4 de xullo de 2002. p. 11. 
  7. "Nico, el conquistador". La Opinión A Coruña (en castelán). 25 de setembro de 2008. Consultado o 6 de maio de 2021. 
  8. "Seis refuerzos llegan a Lombáns". La Voz de Galicia (en castelán) (Barbanza ed.). 14 de xullo de 2009. p. 10. 
  9. "La selección española parte hoy hacia Río de Janeiro para disputar el Mundial". La Voz de Galicia (en castelán). 25 de outubro de 2006. p. 34. 
  10. "La Coppa Italia 2006 nelle mani del Milano" (en italiano). 16 de xullo de 2006. Arquivado dende o orixinal o 16 de agosto de 2018. Consultado o 6 de maio de 2021. 
  11. "Palmarés do Milano 2006". milanobeachsoccer.it (en italiano). Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2013. Consultado o 6 de maio de 2021. 
  12. "Finale 2006: Milano più forte di tutti, è scudetto" (en italiano). 13 de agosto de 2006. Arquivado dende o orixinal o 22 de agosto de 2018. Consultado o 6 de maio de 2021. 
  13. "Coppa Italia 2007: Milano ancora Campione" (en italiano). 17 de xuño de 2007. Arquivado dende o orixinal o 16 de agosto de 2018. Consultado o 6 de maio de 2021. 
  14. "Scudetto 2007: Milano Campione d’Italia" (en italiano). 12 de agosto de 2007. Arquivado dende o orixinal o 22 de agosto de 2018. Consultado o 6 de maio de 2021. 
  15. "Finale show, Milano campione per la terza volta" (en italiano). 31 de maio de 2009. Arquivado dende o orixinal o 16 de agosto de 2018. Consultado o 29 de abril de 2021. 
  16. "Napoli Beach Soccer Campione d’Italia 2009" (en italiano). 16 de agosto de 2009. Arquivado dende o orixinal o 22 de agosto de 2018. Consultado o 29 de abril de 2021. 
  17. "2010: Milano conquista la coccarda tricolore per il 2^anno consecutivo" (en italiano). 13 de xuño de 2010. Arquivado dende o orixinal o 16 de agosto de 2018. Consultado o 6 de maio de 2021. 
  18. "Serie A 2010: Milano sul tetto d'Italia" (en italiano). 15 de agosto de 2010. Arquivado dende o orixinal o 22 de agosto de 2018. Consultado o 6 de maio de 2021. 
  19. "Supercoppa 2010, Milano campione" (en italiano). 12 de agosto de 2010. Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2018. Consultado o 6 de maio de 2021. 
  20. "Amarelle to captain FC Barcelona" (en inglés). 10 de marzo de 2011. Arquivado dende o orixinal o 29 de abril de 2021. Consultado o 29 de abril de 2021. 
  21. Gascón, Javier (20 de marzo de 2011). "El Barça se lanza al fútbol playa fichando un 'Messi'". Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 29 de abril de 2021. 
  22. "El Barcelona también quiere ganar en fútbol playa". RTVE (en castelán). 23 de marzo de 2011. Consultado o 29 de abril de 2021. 
  23. "Lokomotiv, Sporting, 'Fla' and Vasco prevail" (en inglés). 24 de marzo de 2011. Consultado o 29 de abril de 2021. 
  24. "Sporting, Lokomotiv, Vasco and Fla are the best 4" (en inglés). 16 de maio de 2012. Consultado o 29 de abril de 2021. 
  25. "El Barça, campeón del mundo". Mundo Deportivo (en castelán). 13 de decembro de 2015. Consultado o 29 de abril de 2021. 
  26. "España se proclama Campeona de Europa de fútbol playa" (en castelán). 21 de setembro de 2008. Consultado o 6 de maio de 2021. 
  27. "España revalida el título de campeona de Europa de fútbol playa". Marca (en castelán). 24 de maio de 2009. Consultado o 6 de maio de 2021. 
  28. "Rusia acaba con el sueño de España en fútbol playa". RTVE (en castelán). 29 de setembro de 2013. Consultado o 6 de maio de 2021. 
  29. Sánchez, Guillermo (9 de xullo de 2015). "A orillas del oro mundial" (en castelán). Consultado o 6 de maio de 2021. 
  30. "Sar vibró con Amarelle y compañía en el debut de la selección gallega". El Correo Gallego (en castelán). 22 de decembro de 2008. Consultado o 6 de maio de 2021. 
  31. "A Selección Galega de fútbol praia xogará en Malpica contra un combinado costeiro". 10 de agosto de 2016. Consultado o 6 de maio de 2021. 
  32. "Bielorrusia golea a Emiratos Árabes Unidos y es líder" (en castelán). 22 de novembro de 2019. Consultado o 6 de maio de 2021. 
  33. "El español con más Mundiales de Fútbol Playa jugados que ahora lucha con Bielorrusia" (en castelán). 23 de novembro de 2019. Consultado o 6 de maio de 2021. 
  34. "Beach Soccer Stars: The Nominees" (en inglés). 25 de setembro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 06 de maio de 2021. Consultado o 6 de maio de 2021. 
  35. "Beach Soccer Stars shine bright once more" (en inglés). 9 de novembro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 06 de maio de 2021. Consultado o 6 de maio de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]