Avatar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

Avatar é un termo de orixe sánscrita (avatâra significa 'o que descende'), e que no hinduísmo se refire á encarnación terrestre dun deus. Tamén significa iniciado. Por exemplo dise que o deus Krishna é a oitava encarnación de Vishnu.

Avataras


Os Avataras poden ser de dous tipos: Manusíacos e bodhisátvicos

Os Manusíacos considéranse avataras organizadores, exemplo deles son Rómulo e Remo, Moisés, Mahoma, Zoroastro, Manco Kapac. Así estes avatares crean civilizacións que elevan o ser humano.

Os Bodhisátvicos, do sánscrito satwa (equilibrio interior) son avatares fundadores de relixións ou camiños espirituais. Exemplo destes son Buda, Krishna, Xesús, Tunupa, Lao Tsé.

Finalmente poden considerarse os avatares non encarnados, seres que coidan e protexen a humanidade.

En galego[editar | editar a fonte]

O galego tomou a palabra (pluralizada como "avatares") co significado de 'fases', 'vicisitudes' ou 'cambios'.

Internet[editar | editar a fonte]

Actualmente nas novas tecnoloxías e en internet, asóciase a palabra avatar coa representación gráfica (mediante un debuxo ou fotografía) dunha persoa para a súa identificación.