Klaus Maria Brandauer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Klaus Maria Brandauer
Brandauer-wiki.jpg
Nome completoKlaus Georg Steng
Nacemento22 de xuño de 1943
Lugar de nacementoBad Aussee
NacionalidadeAustria
Ocupacióndirector de cinema, catedrático, actor de teatro e actor de cinema
CónxuxeKarin Katharina Brandauer
PremiosGrand Gold Decoration of Styria, Ring of Honour of the Austrian state Styria, Romy, Nestroy Award, Premio Steiger, Golden Nymph for Outstanding Actor in a Television Film, honorary doctor of Tel Aviv University, Golden Globe Award de melhor ator coadjuvante em cinema e Berliner Bär
editar datos en Wikidata ]

Klaus Georg Steng, nado en Bad Aussee o 22 de xuño de 1943, é un actor e director austríaco, coñecido como Klaus Maria Brandauer.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Brandauer naceu como Klaus Georg Steng en Bad Aussee, Estiria,[1] fillo de Maria Brandauer e Georg Steng (ou Stenj), funcionario civil.[2] Posteriormente adoptou o nome da súa nai como parte do seu nome artístico.

Brandauer comezou a actuar sobre o escenario en 1962. Despois de traballar no teatro e na televisión do seu país, fixo o seu debut cinematográfico en inglés en 1972, en The Salzburg Connection. En 1975 participou na serie Derrick, no episodio 8 da segunda temporada, titulado "Pfandhaus". O seu premiado papel protagonista en Mephisto (1981), de István Szabó, interpretando un actor abstraído, iniciou a súa carreira internacional. Posteriormente volveu traballar con Szabó en Oberst Redl (1985).

Despois do seu papel en Mephisto, Brandauer apareceu como Maximillian Largo en Nunca digas endexamais (1983), un remake do filme de James Bond de 1965 Operación Trono. Roger Ebert dixo sobre a súa actuación: "Por unha banda, hai máis dun elemento humano na película, e vén de Klaus Maria Brandauer como Largo. Brandauer é un actor marabilloso, e escolle non interpretar o vilán como un clixé. En cambio, proporciona un certo encanto e conmovencia a Largo, e dado que Connery sempre foi un James Bond particularmente humano, esta vez as apostas emocionais son máis convincentes".[3] Protagonizou Memorias de África (1985), xunto a Meryl Streep e Robert Redford. Brandauer foi candidato ao Óscar e gañou un Globo de Ouro pola súa actuación.

En 1987, foi o presidente do xurado do 37º Festival Internacional de Cinema de Berlín.[4] En 1988 apareceu en Hanussen xunto a Erland Josephson e Ildikó Bánsági. Brandauer foi a escolla orixinal para Marko Ramius en The Hunt for Red October. Ese papel finalmente foi para Sean Connery, quen interpretara a James Bond Nunca digas endexamais. Coprotagonizou con Connery de novo The Russia House (1990). Outros papeis cinematográficos destacados foron en The Lightship (1986), Streets of Gold (1986), Burning Secret (1988), Cairo Branco (1991), Devenir Colette (1991), Introducing Dorothy Dandridge (1999, interpretando o director Otto Preminger) e Jedermanns Fest (2002). En 1989 participou na gran produción cinematográfica para o bicentenario da Revolución Francesa da canle de televisión francesa TF1, La Révolution française, no papel de Georges Danton.

O primeiro traballo de Brandauer como director de cinema foi en 1989 con Georg Elser - Einer aus Deutschland, onde interpretou tamén o papel principal.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

A primeira esposa de Brandauer foi Karin Katharina Müller (14 de outubro de 1945 – 13 de novembro de 1992), directora e guionista austríaca de cinema e televisión. O matrimonio durou desde 1963 ata a morte dela en 1992, aos 47 anos, por mor dun cancro. Ambos eran adolescentes cando casaron en 1963. Tiveron un fillo, Christian.[5][6] Brandauer casou con Natalie Krenn en 2007.[7]

Filmografía[editar | editar a fonte]

Year Title Role Notes
1972 The Salzburg Connection Johann Kronsteiner
1975 Derrick Erich Forster Serie de televisión
Episodio: "Pfandhaus"
1979 Októberi vasárnap Hoffmann
1981 Mephisto Hendrik Höfgen
1983 007: Nunca digas endexamais Maximilian Largo
1985 Oberst Redl Alfred Redl
Quo Vadis? Nerón Miniserie
The Lightship Captain Miller
Memorias de África Baron Bror Blixen
1986 Streets of Gold Alek Neuman
1988 Hanussen Erik Jan Hanussen
Burning Secret Baron Alexander von Hauenstein
1989 Das Spinnennetz Benjamin Lenz
Georg Elser - Einer aus Deutschland Georg Elser Tamén director
La Révolution française Georges Danton Miniserie
1990 The Russia House Dante
1991 Cairo Branco Alex Larson
Devenir Colette Henry Gauthier-Villars
1994 Felidae Pascal/Claudandus Voz
Mario und der Zauberer Cipolla Tamén director
1998 Jeremiah Rei Nabucodonosor Telefilme
1999 Rembrandt Rembrandt
Introducing Dorothy Dandridge Otto Preminger Telefilme
2000 Socorro, son un peixe Joe Voz (versión alemá)
Dykaren Orlov
2001 Vercingétorix: La légende du druide roi Xulio César
2002 Jedermanns Fest Jan Jedermann
Between Strangers Alexander Bauer
2003 Entrusted Gregor Lämmle Telefilme
2006 Kronprinz Rudolfs letzte Liebe Emperador Francisco Xosé Telefilme
2009 Tetro Carlo Tetrocini
2011 Manipulation Urs Rappold
2013 The Strange Case of Wilhelm Reich Wilhelm Reich
2013 Die Auslöschung Ernst Lemden Telefilme
2020 Zárójelentés S doktor

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Klaus Maria Brandauer – Biografie WHO'S WHO". Whoswho.de. 22 de xuño de 1944. Consultado o 6 de outubro de 2013. 
  2. "Klaus Maria Brandauer Biography (1944–)". www.filmreference.com. 
  3. Ebert, Roger (7 de outubro de 1983). "Never Say Never Again". rogerebert.com. Arquivado dende o orixinal o 04 de outubro de 2012. Consultado o 18 de outubro de 2008. 
  4. "Berlinale: Juries". berlinale.de. Consultado o 27 de febreiro de 2011. 
  5. "Brandauer, Karin Katharina geborene Müller". Aeiou.at. 31 de xullo de 2001. Consultado o 6 de outubro de 2013. 
  6. "Klaus Maria Brandauer". www.tcm.com. 
  7. "Weekly Special: "Germans in Bond Films" #4 – Klaus Maria Brandauer -". www.thebondbulletin.com. 23 de agosto de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]