Khloé Kardashian
Aparencia
Khloé Alexandra Kardashian, nada nos Ánxeles o 27 de xuño de 1984, é unha personalidade de televisión, empresaria, actriz e socialite estadounidense. Dende 2007, protagoniza o programa de telerrealidade Keeping Up with the Kardashians. O seu éxito levouna a ela e á súa familia a alcanzar a fama mundial.[1][2]
Familia
[editar | editar a fonte]O seu pai foi Robert Kardashian, quen faleceu no 2003, e a súa nai é Kris Houghton. Ten dúas irmás máis vellas (Kourtney e Kim) e un irmán máis novo (Rob). Tamén conta con dúas medio-irmás de nai, (Kendall e Kylie).
Khloé estivera casada co baloncestista Lamar Odom dende 2009 ata 2016. Dende 2016 está nunha relación co tamén baloncestista Tristan Thompson. Teñen unha filla, True Thompson, nada no 2018.