Kylie Jenner
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (en) Kylie Kristen Jenner 10 de agosto de 1997 (28 anos) Os Ánxeles, California |
| Residencia | Holmby Hills (pt) Hidden Hills (pt) Calabasas (2015–2016) |
| Educación | Sierra Canyon School (en) Laurel Springs School |
| Cor dos ollos | Marrón claro |
| Cor do pelo | Cabelo negro |
| Actividade | |
| Ocupación |
|
| Período de actividade | 2007 |
| Patrimonio estimado | 700 M$ (13 de outubro de 2020) |
| Familia | |
| Familia | Familia Kardashian |
| Parella | Travis Scott (2017-presente) |
| Fillos | 1 |
| Pais | Caitlyn Jenner |
| Irmáns | Kendall Jenner Brandon Jenner Brody Jenner Kourtney Kardashian Kim Kardashian Khloé Kardashian Rob Kardashian |
| Descrito pola fonte | hedendaagsesieraden.nl |
| Sitio web | kyliejenner.com |
Kylie Kristen Jenner, nada o 10 de agosto de 1997, é unha personalidade de televisión, modelo e empresaria estadounidense. Dende 2007, protagoniza o programa de telerrealidade Keeping Up with the Kardashians. O seu éxito levouna a ela e á súa familia a alcanzar a fama mundial.[1][2]. En xullo de 2018 Forbes nomeouna a millonaria por mérito propio máis nova, contando cunha fortuna de máis de 900 millóns de dólares.
Familia
[editar | editar a fonte]O seu pai é o medallista olímpico Bruce Jenner, agora Caitlyn Jenner despois do seu cambio de sexo, e a súa nai é Kris Houghton, quen padeceu diabetes estando embarazada dela. Ten unha irmá máis vella, Kendall e catro medio-irmáns do primeiro matrimonio da súa nai, (Kourtney, Kim, Khloé e Rob).
Kendall estivo nunha relación co cantante de rap, Tyga. Na actualidade está nunha relación co tamén rapeiro Travis Scott dende 2017. Produto desa relación naceu a súa primeira filla, Stormi Webster en 2018.
Notas
[editar | editar a fonte]- Nados en 1997
- Nados nos Ánxeles
- Personalidades dos Estados Unidos de América
- Estadounidenses de ascendencia inglesa
- Estadounidenses de ascendencia escocesa
- Estadounidenses de ascendencia irlandesa
- Estadounidenses de ascendencia neerlandesa
- Estadounidenses de ascendencia galesa
- Estadounidenses de ascendencia alemá