Kourtney Kardashian
Aparencia
Kourtney Mary Kardashian, nada nos Ánxeles o 18 de abril de 1979, é unha personalidade de televisión, empresaria, actriz e socialite estadounidense. Dende 2007, protagoniza o programa de telerrealidade Keeping Up with the Kardashians. O seu éxito levouna a ela e á súa familia a alcanzar a fama mundial.[1][2]
Familia
[editar | editar a fonte]O seu pai foi Robert Kardashian, quen faleceu no 2003, e a súa nai é Kris Houghton. Ten tres irmáns máis novos (Kim, Khloé e Rob). Tamén conta con dúas medio-irmás de nai, (Kendall e Kylie).
Kourtney estivo nunha relación con Scott Disick dende 2006 ata 2015. Teñen 3 fillos xuntos:
- Mason Dash Disick (2009)
- Penelope Scotland Disick (2012)
- Reign Aston Disick (2014)