Khaled Al Khamissi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Infotaula de personaKhaled Al Khamissi (خالد الخميسى)
Nome orixinal(ar) خالد الخميسي Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento27 de setembro do 1962
O Cairo, Exipto
Datos persoais
País de nacionalidadeExipcia
EducaciónUniversidade do Cairo, Universidade da Sorbona
Actividade
OcupaciónEscritor, xornalista, director de cinema e produtor cinematográfico
Período de actividadeSéculos XX e XXI
Xénero artísticoNovela
MovementoRealismo social
LinguaÁrabe
Obra
Obras destacables
Taxi

Khaled Al Khamissi ou Halid Hamisi (árabe: خالد الخميسى), nado o 27 de setembro do 1962 no Cairo, é un escritor, produtor e director expicio.[1][2] Na actualidade, vive na súa cidade natal, onde traballa como xornalista. Al Khamissi é autor de dez novelas, traducidas a máis dunha ducia de linguas. Dende o 2015, é director xeral da biblioteca pública do Gran Cairo, en Zamalek.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Khaled Al Khamissi naceu no Cairo o 27 de setembro do 1962, fillo dun escritor que morreu cando Al Khamissi era aínda moi novo. Licenciouse en Ciencias Políticas pola Universidade do Cairo no 1984, e doutorouse en Política Estranxeira na Sorbona no 1987.[2] Tras regresar a Exipto, traballou no Instituto Nacional de Estudos Sociais, e fundou a empresa de produción Nile Production Company, coa que escribiu numerosos guións de cinema.[2] Tamén dirixiu a editorial Noussous, publicando a autores como Louis Awad ou Nasr Hamid Abu Zayd.[2] Na actualidade, escribe artigos e análises críticas sobre política e sociedade para diversos xornais e semanarios do seu país.

Obra[editar | editar a fonte]

Literatura[editar | editar a fonte]

As obras de Al Khassimi inscríbense no movemento do realismo social. Moitas delas están ambientadas en lugares tradicionais do Cairo, e describen aspectos da vida cotiá das clases populares, que lle permiten comentar temas sensibles do Exipto contemporáneo, como a política, a economía, a sanidade pública, a educación ou a emigración cara Europa.[3] Neste sentido, varios dos seus libros analizan o fenómeno da Primavera Árabe.[4][5]

Traducións[editar | editar a fonte]

Cinematografía[editar | editar a fonte]

Producións[editar | editar a fonte]

  • Zaza w Gargir ("Zaza e Gargir", 2004-actualidade).[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Taxi - Khaled Al Khamissi". www.complete-review.com. Consultado o 2024-01-05. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 lecturalia.com. "Khaled Al Khamissi: libros y biografía autor". Lecturalia (en castelán). Consultado o 2024-01-05. 
  3. Williams, Eli (2011-11-22). "Interview with Khaled Al-Khamissi, Egyptian Novelist". IPI Global Observatory (en inglés). Consultado o 2024-01-05. 
  4. "In Dialogue: Khaled Al-Khamissi – Stefan Weidner: The Arab Spring - Qantara.de". qantara.de (en inglés). 2011-05-19. Consultado o 2024-01-05. 
  5. "L'arche de Noé - Khaled Al Khamissi". Babelio (en francés). Consultado o 2024-01-05. 
  6. "Taxi - Editorial Almuzara". Almuzara Libros (en castelán). Consultado o 2024-02-12. 
  7. "Zaza w Gargir". 2004-07-18. Consultado o 2024-01-05. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]